Peinador Lines, Enrique

Peinador Lines, Enrique

Empresario, fillo de Sabino Enrique Peinador Vela. Sucedeu ao seu pai como xerente do balneario de Mondariz en 1907. Membro do Partido Galeguista e socio protector do Seminario de Estudos Galegos, foi o artífice da constitución do concello de Mondariz-Balneario en 1924. Xunto co seu irmán, Ramón Peinador Lines, converteu a Mondariz nun importante centro da cultura galega onde se celebraban parladoiros literarios coa participación dos intelectuais da época, como a sesión de ingreso na Real Academia Galega en 1920 de Ramón Cabanillas. Subvencionou exploracións arqueolóxicas, promocionou diversas publicacións no balneario e creou un museo con pezas arqueolóxicas e etnográficas. En 1936 expropiáronlle os terreos onde se construíu, en 1954, o aeroporto de Vigo. Publicou diferentes artigos en Mondariz e La Temporada en Mondariz, colaborou na Guía turística Mondariz-Vigo-Santiago (1912) e escribiu ‘‘Vocabulario dos cesteiros de Mondariz’’, na revista Nós (1922). Foi académico correspondente da Real Academia Galega. En 2004 foi nomeado fillo adoptivo de Mondariz-Balneario.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Deceso

    Lugar : Vigo