Peinador Vela, Sabino Enrique
Médico e empresario. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1869), dirixiu o Balneario de Caldelas de Tui en 1871. En 1872 descubriu o manancial da Gándara, en Mondariz-Balneario, e ao ano seguinte comezou a explotalo. Coa axuda de seu irmán, Gumersindo Ramón Peinador Vela (Pontevedra?-1928), obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador. En 1873 as augas foron declaradas de utilidade pública. En 1879 abriu a primeira casa de baños e en 1898 inaugurou o Gran Hotel de Mondariz, que se converteu nun centro medicinal, cultural e artístico. Exerceu como xerente do balneario ata 1906. Proxectou un tranvía entre Mondariz e Vigo para unir o balneario coa estación de ferrocaril e con Madrid, pero só funcionou no traxecto Vigo-O Porriño. Ademais tiña unha imprenta de seu en que se editaron numerosas publicacións. Foi vogal da Cámara de Comercio de Vigo. Recibiu a Cruz de Epidemias (1873) polo seu labor cos enfermos de varíola do Grove.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Deceso
Lugar : Mondariz