Doporto

Doporto
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica porto e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIV: “Fernã Lourenço do Porto” (doc ano 1334 en C. de Azevedo Maia, História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 156). Adoita grafarse Do Porto.