Dopico, Verónica

Dopico, Verónica

Pintora. Licenciada en Pintura na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, ampliou estudios en Límerick (Irlanda) e no Laboratorio de Criação con tecnoloxías de vídeo e multimedia do Centro de Ciencias Humanas e Artes en Brasil, onde se puxo en contacto coas novas tecnoloxías dixitais. A súa obra centrouse no mundo da imaxe en movemento, cun interese por capturar a vida a través da cámara, incidindo noutras realidades e apostando pola actuación do espectador na mesma. Tentou así perseguir unha nova realidade a partir dunha mirada surrealista na que destruíu as referencias ao tamaño, á localización e ao contexto mediante a perversión da imaxe con estratexias de fragmentación. Participou na Bienal de Pintura Balconadas de Betanzos (1994-1998), na V Mostra Unión Fenosa (1997), en Galicia Terra Única (1997), onde expuxo unha vídeo-instalación, e na exposición El país de los tuertos no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (1998).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Betanzos