"Orba" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 40.
-
PERSOEIRO
Economista. Catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña, realizou a tese de doutoramento en 1983 co título Análisis económico-financiero y estrutural del estado de autonomía de Galicia. Publicou os estudos La Autonomía Gallega (1978), Contribución fiscal y solidaridad de las ciudades gallegas (1996), La Reforma de la financiación autonómica, A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia (2003) e Educación democrática ou barbarie (2015). Colabora con artigos da súa especialidade en diversas publicacións (Economía y finanzas, Galicia Internacional, Encrucillada, Papeles de Economía Española, Revista Galega de Economía, etc). Nos anos 1979-1980 foi Alcalde do concello do Grove, cargo ao que se presentou...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Líquido viscoso parecido á clara do ovo.
-
Tripallada de peixe, polo xeral de sardiña, que se emprega para capturar robaliza ou para fertilizar as terras.
-
-
GALICIA
Pintor e gravador. Iniciou estudios de dereito e químicas na Universidade de Santiago de Compostela, pero dedicouse á pintura a partir dos anos sesenta. Como gravador creou unha técnica nova que lle permitiu facer os seus motivos pitóricos sobre unha folla de plástico cuberta cunha capa de pintura de látex e trasladar o resultado a unha prancha de cobre coa que realizaba a impresión. A súa temática centrouse na descrición da vida cotiá dos mariñeiros, das mulleres, dos emigrantes, das festas populares, da paisaxe urbana, da flora e fauna galegas, dos temas históricos e dos motivos etnográficos. Realizou tamén gravados inspirados na obra de Valle-Inclán, entre os que destacan, Luces de Bohemia, La etnografía gallega en Valle-Inclán e Divinas palabras. Afastouse dos tópicos rexionalistas e achegouse á pureza expresiva non exenta dunha mirada comprometida. A súa obra pictórica aproximouse ao expresionismo. No xornal La Región realizou os debuxos da sección...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra en prosa escrita por Giovanni Boccacio en lingua vulgar, a mediados do s XIV, nunha data imprecisa que oscila entre os anos 1354, 1355 e 1365. No tocante ao título, tampouco existe un acordo sobre a súa etimoloxía e o seu significado. As hipóteses fundamentais apuntan, por unha banda, a unha voz de orixe árabe que significa ‘azoute’ ou ‘castigo’ e, pola outra, a un derivado pexorativo do italiano corbo (corvo), símbolo do amor funesto ou da muller que o inspira. O texto responde aos ideais morais do cristianismo eclesiástico medieval, que rexurdira en Florencia a finais do s XIV, combinando a alegoría coa sátira dentro da forma global dun exemplum. Un narrador en primeira persoa expón o seu caso como exemplo da bondade divina, que o salvou do suicidio levado polo desamor e que lle enviou un soño adoutrinador para liberalo da súa paixón fatal e devolvelo ao camiño da gracia. O soño entronca coa tradición da viaxe polo outro mundo como camiño cara á verdade purificadora e, en particular,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das plumas rectrices da cola das aves.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extremo posterior do corpo das aves de onde parten as plumas corbaceiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do apelido Corvacho.
-
PERSOEIRO
Canteiro e sindicalista socialista. No primeiro terzo do s XX foi o artífice da implantación da UGT entre o ambiente proletario e mariñeiro do Morrazo no primeiro terzo do s XX. Fundador das primeiras organizacións mariñeiras de clase en Cangas e Moaña, e cabeza visible da folga do ano 1917 na zona, presidiu a Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia, de influencia socialista, entre 1914 e 1921. Colaborou na redacción do semanario Nueva Aurora e, no período republicano, exerceu como voceiro da minoría socialista no concello. Morreu asasinado no verán de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tira de seda, la ou muselina que se coloca arredor do colo da camisa cun nó ou lazo na parte dianteira.
-
Banda que forma unha lazada e que está pousada no extremo da hasta dunha bandeira ou dun estandarte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doce de follado en forma de gravata, cuberto cun baño de azucre e améndoa moída. A súa orixe data de principios do s XX, aínda que os follados de Cantabria, onde se localiza Unquera, gozan de recoñecemento desde o s XV.
-
PERSOEIRO
Poeta húngaro. Publicou, entre outras obras, Mozdulatlanság (Inmobilidade, 1938), Válogatott versek (Tríade de poemas, 1978) e A világ küszöbei (Os limiares do mundo, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sacudir as plantas da xeada que cae pola noite para que non as queime o sol.
-
-
-
Facer que algo non se poida realizar.
-
Facer que unha acción ou un propósito sexa máis difícil de levar a cabo.
-
-
Causar algo ou alguén molestia a unha persoa.
-
Ser algo ou alguén unha molestia para outra persoa.
-
-
PERSOEIRO
Político ruso. Licenciado en Dereito pola Universidade estatal de Moscova, afiliouse ao PCUS en 1952 e foi adquirindo responsabilidades políticas. Accedeu ao comité central en 1971, en 1978 asumiu a dirección da secretaría de Agricultura e en 1980 accedeu ao Politburó. En 1985 foi elixido secretario xeral do partido, e en 1989 presidente da Unión Soviética. Impulsou as reformas políticas e económicas que puxeron fin ao réxime soviético e abriron o bloque do Leste a Occidente a través das súas políticas de perestrojka, ou reestruturación económica, e de glasnost, ou transparencia na xestión política. Estas reformas levárono ao enfrontamento cos sectores máis radicais da Unión Soviética e cos sectores inmobilistas, que protagonizaron en 1991 un intento fallido de golpe de estado. En política internacional, asinou diversos acordos sobre desarmamento con EE UU e aceptou o proceso de unificación alemana. En 1991 dimitiu como secretario xeral do PCUS e, coa constitución da CEI,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Froito do loureiro.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Cónsul en 38 a C, foi procónsul en 35 a C na Península Ibérica e dirixiu unha campaña contra os pobos prerromanos situados na parte occidental. En 34 a C fundou a colonia de Norbensis Caesarina (Cáceres).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (1.693 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, tanto de secaño como de regadío. O sector terciario está bastante desenvolvido debido ao incremento do turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado en Zarracós (A Merca). O seu cumio acada os 522 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia miúda e pouco persistente.