"Ortegal" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
SEMANARIOS
Semanario de tendencia liberal aparecido na vila de Ortigueira o 28 de setembro de 1890. Propiedade dos irmáns Xosé e Vicente Maciñeira González, foi dirixido por Federico Maciñeira e por Ramón Balsa Reboredo. Ao longo da súa traxectoria editorial titulouse tamén El Ortegal (nº 67 de 1892 ata o nº 163). Exerceu a súa actividade como voceiro do partido liberal da comarca. Amais de artigos políticos, ten publicado estudios arqueolóxicos realizados por Federico Maciñeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ortigueira a partir do 3 de febreiro de 1889 e subtitulado “Periódico de intereses generales”. Cesou a súa edición no nº 17. Fundado e dirixido por Anxo Amenedo Ponte, contaba cos seus propios obradoiros tipográficos. Serviu de apoio ao político liberal Xosé Maciñeira González.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ortigueira a partir de 1988. Cesou en 1990. Subtitulada “Revista cultural e informativa da comarca”, estivo dirixida por Rafael Vierna Pita e por Obdulia Dopico Cachán (a partir do nº 4). Editada pola Asociación da Comarca de Ortegal, saíu cada dous meses, aínda que con bastante irregularidade. Mostrou interese polas enerxías renovables, a conservación do medio e as especies protexidas.
-
PUNTA
Punta máis occidental, despois de Estaca de Bares, da comunidade galega, situada na ría de Ortigueira. É o límite setentrional da serra da Capelada. Na marxe occidental do cabo sitúase a punta do Limo, considerada por algúns o verdadeiro cabo Ortegal, e no L, a punta dos Aguillóns. Presenta unha grande inestabilidade e fragmentación rochosa, sobre todo das ecloxitas, e as pendentes chegan a superar o 80%. En fronte do cabo Ortegal pódense divisar as illas Insua Maior, Cabalo Xoán, Tres Irmáns, A Longa e O Rodicio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no N da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia da Coruña. Limita ao N co Océano Atlántico, ao S coas comarcas de Ferrol (concellos de Moeche e As Somozas) e do Eume (concello das Pontes de García Rodríguez), ao L coa comarca da Mariña Occidental (concellos do Vicedo e Ourol) e ao O de novo coa comarca de Ferrol (concellos de Cedeira e Valdoviño) e co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 391,7 km2en que acolle unha poboación de 16.454 (2001), distribuída entre os concellos de Cariño (46,8 km2e 4.844 h), Cerdido (52,7 km2e 1.568 h), Mañón (82,2 km2e 1.870 h) e Ortigueira (210 km2e 8.172 h). O espazo comarcal sitúase na parte setentrional da provincia con dúas vilas de relativa importancia, Ortigueira e Cariño, aínda que recae en maior medida en Ortigueira.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Desde o punto de vista xeomorfolóxico está dividida en varias unidades aínda que a súa complexidade é moito... -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Ortigueira a partir do 1 de xuño de 1889. Reapareceu o 4 de marzo de 1894 e cesou o 5 de agosto dese mesmo ano. Subtitulado
VER O DETALLE DO TERMO
“Semanario político independente”
, foi o voceiro do Partido Liberal da vila. Dirixido por Federico Maciñeira Pardo de Lama, centrouse nas diputas políticas locais.