Faro de Ortegal, El
Faro de Ortegal, El
Semanario publicado en Ortigueira a partir do 3 de febreiro de 1889 e subtitulado “Periódico de intereses generales”. Cesou a súa edición no nº 17. Fundado e dirixido por Anxo Amenedo Ponte, contaba cos seus propios obradoiros tipográficos. Serviu de apoio ao político liberal Xosé Maciñeira González.