Anfípole

Anfípole

Cidade de Macedonia fundada no ano 436 a C por Hagnón, fillo de Nicias, preto da desembocadura do Estrimón. Foi un lugar estratéxico e comercial importante, a carón das minas de ouro do Panxeo, que abastecía de madeira a cidade de Atenas. No ano 424 a C foi conquistada por Brásidas, quen derrotara a Tucídides, e posteriormente por Filipo II de Macedonia, posiblemente no ano 357 a C. Hoxe corresponde á cidade de Neokhon.