"Otero" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
GALICIA
Director da Editorial Nigra, profesor e ensaísta. Entre os seus traballos de investigación literaria pódense citar Biografía de Ramón Otero Pedrayo (1989), Galicia: o oficio de vivir (1990), Galegos, as mans de América (1992), Eduardo Blanco Amor. Unha fotobiografía (1993), en coautoría con Víctor F. Freixanes e Eduardo Blanco Amor. Diante dun xuíz ausente (1993), premio da Crítica Galega na modalidade de ensaio en 1994. Publicou un relato no volume colectivo Contos de cine (1996) e colabora en diferentes xornais como Faro de Vigo e La Voz de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dise das especies químicas, moleculares ou iónicas, que se poden comportar como un ácido e como unha base, dependendo das circunstancias e da natureza dos constituíntes cos que entran en reacción. Así, o hidróxido de aluminio compórtase como unha base diante dos ácidos fortes, formando sales alumínicos, mentres que se comporta como un ácido diante das bases fortes, dando aluminatos.
-
GALICIA
Oficial da Mariña e xornalista. Foi colaborador en El Correo Gallego (Ferrol) e publicou unha colección de contos coñecida como Ocios de Camarote (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestra. Participou nos primeiros espectáculos realizados polo grupo da Asociación Cultural O Facho, para despois desenvolver unha grande actividade no eido do teatro escolar, dirixindo diversos grupos. É autora dunha guía didáctica sobre as marionetas titulada Taller de monifates (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carolina Otero Iglesias.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Na súa obra destaca o tratamento irónico e satírico dos temas representados. Realiza tamén interpretacións de obras de mestres antigos. Con formas moi radicais e cunha forte carga sensual expresa unha visión pracenteira e vitalista do mundo. Actualmente vive entre París, Nova York e Medellín. En 1987 o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid) dedicoulle unha retrospectiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista, político e sacerdote. Secretario de Carlo Borromeo, publicou Della ragione di stato (Da razón do estado), onde critica as doutrinas de Maquiavelo e fai da relixión a base do estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e botánico portugués. Profesor na Universidade de Coimbra (1790-1811) e director do xardín botánico de Lisboa (1811-1828), é autor de Compêndio de Botânica (1788) e Flora Lusitânica (1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestra e escritora. Estudiou na Escola Normal de Maxisterio de Santiago de Compostela. Fundou en 1950 a agrupación infantil Caraveliños, para a que escribiu tres sainetes incluídos en Contos que van pra feira (1962) e outras dúas pezas dramáticas que apareceron publicadas en Churruscadas (1979). En Contos pra nenos (1975) editou, xunto a textos narrativos e poéticos, dúas novas pezas: Sono de Nadal e A fermosa durminte, esta última, adaptación do coñecido conto de Perrault.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico antropólogo e historiador. Doutorouse en 1971 coa tese Anatomía antropológica antigua del pueblo gallego: siglos I al VII d C e, dende 1973, ensinou anatomía, antropoloxía e historia da medicina na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación centrouse no eido anatómico-antropolóxico: analizou os grupos sanguíneos do sistema ABO, os dermatoglifos palmares e dixitais da poboación galega e participou nas escavacións das necrópoles de Roupar, Adro Vello, San Martiño de Mondoñedo, Moraime, a cova do Rei Cintolo, a vila e necrópole de Medos e o xacemento do monte do Cribo. Ademais, realizou traballos sobre historias clínicas, como o caso do cirurxián Charlín ou o de hidrofobia en Betanzos, biografías de médicos e sobre a historia compostelá e a tradición xacobea. Foi comisario xacobeo de Galicia en 1993. Publicou diversos artigos na prensa e nas revistas especializadas e as obras Santiago de Compostela (1984), El ajedrez del Camino de Santiago: testimonio...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina profesional nos xornais El Correo Gallego e O Correo Galego. Redactor xefe de O Correo Galego, coordina a edición electrónica deste xornal na Internet. Publicou O Pindo: pedra e mar (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Medicina e Radioloxía. Foi presidente do pavillón España da Facultad Universitaria de Ciencias Médicas do hospital Miguel Enríquez, antes coñecido como La Benéfica, pertencente ao centro galego de La Habana, secretario de propaganda da Federación de sociedades galegas de Cuba e presidente da comisión nacional de docencia de posgrao de radioloxía. Ademais, deseñou o novo plano de estudios de medicina de Cuba. É o fundador e editor das revistas Archivos del hospital Universitario Calixto García e Archivos de la nueva medicina La Benéfica. Realizou diversos estudios científicos sobre a saúde da comunidade galega en Cuba. É autor de Tumores de fibra muscular del estómago, Clínica y terapéutica quirúrgica del profesor Vicente Banet e Enseñanza problemática en medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo con Camilo Nogueira. Entre outros materiais empregou o ferro, a pedra, a madeira, o papel, o cartón e a cerámica. Nas súas obras, de carácter abstracto aínda que cun fondo figurativo e próximas ao minimalismo, buscou traballar coa materia. Realizou exposicións individuais, entre as que destaca a celebrada na Sala de Arte Caixavigo (1985), e participou en mostras colectivas, entre elas a colectiva ao aire libre da praza da Princesa de Vigo (1970), a Bienal de Pontevedra (1981) e I Mostra Unión Fenosa (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como O pintor do Berbés, estudiou debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios de Vigo. A súa obra inspirouse na temática mariñeira e reflectiu, entre outros temas, a lonxa, os estaleiros, as pescantinas, os pescadores, as fábricas de conservas, os naufraxios e os barcos de pesca. A súa pintura é realista e caracterízase polo debuxo e polas cores entornadas en brumas cunha paleta de grises azulados e verdes. Traballou como proxectista na cristalería La Belga e especializouse na realización de vidrieiras artísticas, entre as que destacan Llegada de Colón a América, situada na Estación Marítima de Vigo, e as realizadas na igrexa do Carme (Vigo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista, sindicalista e escritor. Emigrou a Uruguay onde traballou como chofer e taxista, e foi un dos fundadores da Confederación Americana de Chóferes. Entre 1929 e 1959 dedicouse ao xornalismo, dirixiu El Auto Uruguayo, revista do centro de protección de choferes, e o seu propio programa radiofónico. Membro fundador do Centro Ourensán de Montevideo, chegou á súa presidencia. Colaborou en xornais como Tierra y Libertad ou Solidaridad, e foi o autor de El gran parto: trece niños de lana se escarban la nariz (1948), Cerco violado (1958) e Ciempiés (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e tallista. Asistiu á Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Presidiu a empresa de mármores e pedras artísticas Mármoles Feal. Traballou a talla en madeira e en pedra. Das súas obras destacan o Cristo Xacente da confraría das Angustias e o altar de mármore e bronce da igrexa de San Francisco de Ferrol, o altar de San Salvador de Fene, o altar e o Corazón de Xesús en Santa María de Neda, o cruceiro en honor de Félix Rodríguez de la Fuente en Alasca e o monumento aos fillos de emigrantes en Palmeira (Ribeira). Recibiu, entre outros galardóns, a insignia de ouro de Ferrol e a Medalla ao Mérito Artístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Xefe de informativos e programas de RNE. Foi director de RNE en Vigo e Ourense, redactor de Marca, correspondente en Vigo de La Voz de Galicia e da axencia EFE, xefe de informativos de RNE en Vigo e xefe de deportes de El Pueblo Gallego. Escribiu La historia del Real Club Celta.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora e mestra. Formouse coa pintora compostelá María Jesús Reboredo. Traballa ao óleo, carbón e pastel. Cultiva unha pintura realista, cunha certa influencia impresionista, na que reflicte escenas da vida cotiá e paisaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora e arquitecta técnica. Formouse coa pintora compostelá María Jesús Reboredo. Traballa ao óleo, pastel, carbón e acuarela. Cultiva unha pintura realista, influenciada polo impresionismo. Cunha paleta de cores vivas reflicte escenas da vida cotiá, paisaxes e retratos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Xondo, realizou unha obra desde o surrealismo ata a desnaturalización. Destacan entre outras, Elementos e Arca de Noé. Tamén fixo retratos de embaixadores e artistas.
VER O DETALLE DO TERMO