Kushiro
Kushiro
Cidade do ken de Hokkaidō, situado na illa de Hokkaidō, na desembocadura do río Kushiro, Xapón (197.608 h [1997]). O porto natural formado no río constitúe unha base de operacións das flotas pesqueiras dos mares setentrionais.