Carro Otero, José Ignacio
Médico antropólogo e historiador. Doutorouse en 1971 coa tese Anatomía antropológica antigua del pueblo gallego: siglos I al VII d C e, dende 1973, ensinou anatomía, antropoloxía e historia da medicina na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación centrouse no eido anatómico-antropolóxico: analizou os grupos sanguíneos do sistema ABO, os dermatoglifos palmares e dixitais da poboación galega e participou nas escavacións das necrópoles de Roupar, Adro Vello, San Martiño de Mondoñedo, Moraime, a cova do Rei Cintolo, a vila e necrópole de Medos e o xacemento do monte do Cribo. Ademais, realizou traballos sobre historias clínicas, como o caso do cirurxián Charlín ou o de hidrofobia en Betanzos, biografías de médicos e sobre a historia compostelá e a tradición xacobea. Foi comisario xacobeo de Galicia en 1993. Publicou diversos artigos na prensa e nas revistas especializadas e as obras Santiago de Compostela (1984), El ajedrez del Camino de Santiago: testimonio histórico de la peregrinación jacobea (1998) e Materiais para unha historia da medicina galega (1998). Membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela