"Ove" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Todo tipo de publicidade realizada por un anunciante en medios de comunicación de masas, tales como televisión, cine, prensa, radio, Internet e carteis publicitarios.
-
-
de abovedar.
-
Elemento arquitectónico que presenta curvas en forma de bóveda.
-
-
-
Cubrir cunha bóveda.
-
Conformar como bóveda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación socialista local, fundada en Xove en xaneiro de 1934. A constitución da organización socialista de Xove foi produto da iniciativa da Agrupación Socialista de Viveiro, como froito da estratexia de expansión desta polo ámbito parroquial.
-
CIDADES
Cidade de Provenza, Occitania, no departamento francés de Bouches-du-Rhône (123.842 h [1990]). Núcleo residencial e balneario. Dende 1948 celébrase no verán o Festival de Aix-en-Provence, dedicado á ópera. Antigo poboado gálico, foi conquistado no 123 a C polo procónsul romano C. Sexti Calvi, tomando a denominación de Aquae Sextiae. Foi asolada polos visigodos (445), polos francos, polos longobardos e polos musulmáns (731). Foi arcebispado (s VI). Converteuse en capital do condado e, despois, dos reis de Provenza, das casas de Barcelona e de Anjou. Foi sede do Parlamento Provincial de Provenza dende 1501 ata a Revolución do 1789. O monumento máis importante é a catedral de San Salvador, onde se atopan o baptisterio (s V), o claustro (s XII) e o campanario (ss XIV-XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Tarragona (3.523 h [1996]. Abeleiras, árbores froiteiras, oliveiras e alfarrobeiras. Industria química, téxtil, do aceite e da madeira. Vestixios romanos: ruínas dunha igrexa románica, coñecida como a Mezquita.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundado en maio de 1990 por Marcos Valcárcel. Está presidido por César Ansias, e contribúe á dinamización da vida cultural ourensá colaborando con outras asociacións a prol da normalización cultural e lingüística do país. Organiza encontros de escritores, homenaxes a persoeiros destacados da cultura ourensá, debates, exposicións de libros, fotografía e caricatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada o 3 de abril de 1992 e declarada de interese cultural galego. Está presidida por Fernando Quintela Novoa e actúa como secretario Xosé Castro Ratón. Entre os seus obxectivos destacan o seu interese pola promoción e defensa da cultura e da lingua galega, e do galeguismo. Para iso organizan conferencias, seminarios e actos de homenaxe a políticos e intelectuais galegos.
-
PERSOEIRO
Escritor sueco. Coa novela Det gar an (Isto funciona, 1838), unha crítica do matrimonio, obtivo certa sona. Creador da prosa moderna sueca, a súa obra abrangue todos os xéneros e os temas máis diversos. Sobresae unha escolma dos seus principais escritos, Törnrosens bok (O libro do xazmín,1832-1851) e narracións como A Capela Kapellet (A Capela, 1838), considerada peza clásica da literatura sueca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Departamendo da rexión administrativa de Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia. A capital é Digne-les-Bains (6.925 km2; 138.504 h [estim 1995]).
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Toledo, na comunidade de Castela-A Mancha (4.620 h [1996]). Situado na comarca de La Sagra, drenado polo Tajo. Ten agricultura mediterránea e gandería lanar. Explota canteiras de xeso, e posúe unha famosa olería.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade narrativa desenvolvida no século XX que se caracteriza pola subversión dos esquemas da novela tradicional. Este tipo de ficións privilexia a forma do discurso fronte á anécdota e incorpora novos modos de analizar a realidade a través dunha estrutura fragmentada e aberta á intervención do lector, da desorganización espacio-temporal, da falta dunha temática coherente e da difuminación da figura do personaxe. Fronte á omnisciencia editorial tradicional predomina o obxectivismo do narrador, que renuncia a interpretar a interioridade do personaxe e só amosa a súa exterioridade. A antinovela pode asociarse co Noveau Roman francés, a New Fition norteamericana ou co movemento da Nova Narrativa galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado ao apoastro dos satélites de Xúpiter con relación a este.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode aproveitar.
-
-
de aproveitar.
-
Que aproveita todo, incluso o que outros desperdician.
-
Que tenta obter proveito dunha situación vantaxosa, sen pensar nos prexuízos que poida causar.
-
Que progresa debido á súa aplicación nunha actividade.
-
-
-
Acción e efecto de aproveitar ou aproveitarse.
-
Dereito a usar ou consumir unha parte ou a totalidade dunhas augas públicas ou privadas que corren ou están estancadas. Especialmente, o dereito a apropiarse dunhas augas públicas para uso privado.
-
Dereito a gozar dos produtos dun bosque ou dos pastos dun prado propiedade doutra persoa, ben por medio dun contrato ou ben pola condición de veciño dunha determinada vila.
-
Cesión obrigatoria e gratuíta que deben realizar os propietarios de terreos urbanizables, calculada en relación ao aproveitamento xeral do sector onde se atopa o terreo.
-
Beneficio que lles permite aos membros dunha determinada comunidade local aproveitarse dos bosques, prados ou terras de cultivo que son patrimonio da comunidade, cualificadas como bens comunais.
-
-
-
Empregar utilmente algunha cousa.
-
Sacar o máximo proveito de algo.
-
Non deixar pasar unha cousa sen facer uso dela.
-
Obter proveito de algo.
-
Acaer ben algo, especialmente as comidas.
-
Progresar alguén pola súa aplicación nalgunha actividade.
-
Tirar proveito de algo ou de alguén.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación anual en occitano, fundada en Aviñón en 1855, que seguiu editándose baixo formas diversas. Órgano principal do felibrismo, propúxose iniciar ao lector no renacemento literario do provenzal. Mistral publicou nel traballos en prosa e verso, e contribuíu a darlle un estilo peculiar, chamado “prosa de Armana”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a unha aurícula e a un ventrículo.
-
Formación muscular do sistema excitocondutor do corazón situada nas proximidades do seo coronario da aurícula dereita.
-
Orificio de comunicación entre a aurícula e o ventrículo; o paso por este burato está regulado polas válvulas mitral (lado esquerdo) e tricúspide (lado dereito).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao vestíbulo da orella.