aproveitado -da
aproveitado -da
(< aproveitar)
-
p reg
de aproveitar.
-
adx
Que aproveita todo, incluso o que outros desperdician.
Ex: É tan aproveitada que ata cos botes de plástico fai instrumentos musicais.
-
adx
Que tenta obter proveito dunha situación vantaxosa, sen pensar nos prexuízos que poida causar.
Ex: Non quero persoas aproveitadas no grupo de socios que iniciamos este proxecto.
-
adx
Que progresa debido á súa aplicación nunha actividade.
Ex: Nuria é tan aproveitada nos estudios que nunca suspendeu un exame.