aproveitado -da

aproveitado -da

(< aproveitar)

  1. p reg

    de aproveitar.

  2. adx

    Que aproveita todo, incluso o que outros desperdician.

    Ex: É tan aproveitada que ata cos botes de plástico fai instrumentos musicais.

  3. adx

    Que tenta obter proveito dunha situación vantaxosa, sen pensar nos prexuízos que poida causar.

    Ex: Non quero persoas aproveitadas no grupo de socios que iniciamos este proxecto.

  4. adx

    Que progresa debido á súa aplicación nunha actividade.

    Ex: Nuria é tan aproveitada nos estudios que nunca suspendeu un exame.

Palabras veciñas

aprosexia | aprótico -ca | aproveitable | aproveitado -da | aproveitamento | aproveitar | aprovisionador -ra