"Oxford" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
CAPITAIS
Capital do Oxfordshire, Inglaterra, situada na confluencia do Cherwell co Támesis (132.800 h [1999]). É un gran centro de comunicacións, con fábricas de automóbiles, de maquinaria, aparatos electrónicos, conservas, imprentas e editoriais. É bispado evanxélico. Situada na beira do Támesis foi, orixinariamente, un antigo poboado saxón. Os normandos convertérona nun fortín. Foi un gran mercado agrícola a comezos da Idade Media, pero entrou en decadencia cando pasou a depender case exclusivamente da universidade, fundada no s XII. No s XVII, durante a guerra civil, foi un bastión das forzas reais; pero, asediada por lord Thomas Fairfax, caeu en xuño de 1646. A principios do s XX establecéronse as primeiras industrias (imprentas e fábricas de marmeladas) e máis tarde William Morris instalou alí unha fábrica de automóbiles. A universidade comprende 40 colleges, que na súa maioría funcionan como centros de estudos comunitarios. Os máis antigos son o University College, o Balliol and Merton...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dicionario enciclopédico que rexistra as solucións léxicas que se produciron no último milenio na lingua inglesa. A idea de confeccionar un dicionario con estas características xurdiu en 1857, cando os membros da Philological Society decidiron que os dicionarios da época eran deficientes e incompletos. En 1876 encargáronlle a James A. H. Murray e á Oxford University Press a elaboración do denominado New English Ditionary on Historical Principles, pensado para 4 volumes e 6.400 páxinas que recollerían todo o léxico inglés desde 1150. O primeiro fascículo publicouse en 1884, e o último en 1928, cun total de 128 fascículos, 10 volumes e 252.000 entradas. Despois de diferentes revisións e actualizacións entre 1933 (cando pasou a denominarse Oxford English Ditionary) e 1986, en 1989 publicouse o Oxford English Ditionary Second Edition, unha obra en 20 volumes, con 291.500 entradas e 21.730 páxinas. En 1992 apareceu a edición en CD-ROM, e en marzo de 2000 comezou a...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario levado por diferentes familias nobres inglesas. Aubrey de Vere (1120-1194) recibiu este título en 1147. O novo conde, Robert de Vere (1362-1392), obtivo o Ducado de Irlanda polas súas campañas naquel país. Aubrey de Vere (1626-1703) foi o derradeiro conde de Oxford da familia de Vere. Robert Harley (1661-1724) recibiu o título en 1711 ata que en 1853 se extinguiu xunto coa familia. No s XX concedéuselle a Herbert Henry Asquith (1852-1928), e continúa nos seus descendentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola filosófica franciscana do s XIII. Por influencia de Robert Grosseteste, chanceler da Universidade de Oxford, unha boa parte dos franciscanos que alí ensinaban no s XIII (Thomas de York, Roger Bacon ou Joan Peckham), participaron dun mesmo espírito, que se caracterizaba polo agustinismo, o coñecemento da filosofía aristotélica, a preferencia polo método experimental, o cultivo da matemática ou os estudos lingüísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de filósofos, dentro do neopositivismo moderno, que se distingue polo feito de aplicar a análise crítica á linguaxe ordinaria pero non á científica, recusando tanto o uso da lóxica simbólica para levala a cabo, como a idea da ciencia unificada. Os representantes máis destacados foron A. J. Ayer, G. Ryle, J. L. Austin, S. Hampshire, P. F. Strawson, D. Pears e G. J. Warnock.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente relixiosa dentro da alta Igrexa Anglicana que puxo o acento na revisión das notas da Igrexa, principalmente a súa catolicidade, vinculada á sucesión apostólica vivida na tradición e entendida como fidelidade dinámica no espírito que fala pola Igrexa. Comezou en Hadleigh (Suffolk) en 1833 e tivo a súa primeira formulación no sermón de John Keble sobre a apostasía nacional, o 14 de xullo de 1833, onde se reclamaba a liberdade da Igrexa ante o Estado. Destacan as Tracts for the Times, de onde vén o nome de tractarismo, e as obras de A. P. Perceval (The Churchman’s Manual, 1833) e de W. Palmer (Treatise on the Church os Christ, 1838). Deles xurdiu tamén a teoría das tres ramas da Igrexa (inglesa, oriental e romana), o ritualismo e o anglocatolicismo. Pese a que os seus abandeirados, como Pusey, se mantiveron dentro do anglicanismo, o movemento acabou coa entrada na comuñón romana de J. H. Newmann, en 1845.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de reformas imposto polos nobres a Enrique III de Inglaterra, en 1258, que pode ser considerado a primeira constitución escrita do país. O documento creaba un consello de quince nobres para controlar a política do goberno, obrigaba ao rei a convocar o Parlamento tres veces ao ano e reducía os seus poderes sobre a administración local e o sistema de impostos. Foron abolidas en 1266.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Piso do Malm, ou Xurásico Superior, que xace sobre o Caloviano e baixo o Kimmeridxiano. O estratotipo son as margas negras de Oxford.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Oxfordiano.
-
CONDADOS
Condado de Inglaterra (2.606 km2; 632.100 h [estim 2000]). A súa capital é Oxford.
VER O DETALLE DO TERMO