"PRI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 409.

    1. ocución que significa ‘con anterioridade á experiencia’, ‘sen recorrer á experiencia’, ‘sen exame previo’.

    2. Expresión que presenta o significado de ‘en principio’.

    3. Que non se basea na experiencia. Na filosofía medieval, aplícase ao razoamento que procede das causas aos efectos, do universal ao particular, mediante dedución. Kant entende por coñecemento a priori aquel que non depende da experiencia, senón que é anterior a ela e polo tanto universal e necesario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio diferencial da mecánica que di que a forza de inercia dun punto material equilíbrase coa resultante das forzas sobre el aplicadas, nun sistema non sometido a forzas de frición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio para a construción do obxectivo dos microscopios que, baseándose nas propiedades dos puntos estigmáticos do dióptrico esférico, indica o xeito de corrixir a desviación dos raios que proceden do obxecto en observación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subtitulada como “Publicación del Magisterio”, editouse en Lugo no ano 1870. Contiña información de carácter educativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero da familia dos antilocápridos.

    2. Familia de mamíferos artiodáctilos que comprende actualmente só o xénero Antilocapra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado latino fundado no 1098, a raíz da Primeira Cruzada, por Boemundo I, príncipe de Tarento. A súa obra foi completada e consolidada polo seu neto Tancredo. O Principado estendíase ao longo duns 200 km de costa, dende o norte de Alexandreta ata o sur de Bâniyâs; ao sueste incluía Apames e Maaret en Naamân e, a certa distancia de Alepo, alcanzaba os límites do condado de Edesa. Independente de dereito, aceptou someterse a Bizancio en vasalaxe. Saladino (morto no 1193) apoderouse da maior parte do seu territorio. A súa existencia rematou con Baybars, quen se apoderou da cidade de Antioquía no 1268, en tempos de Boemundo VI.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nun sistema óptico, refírese a cada un dos planos conxugados, normais ao eixe do sistema e cun aumento lateral igual a -1. Un feixe de raios que saia dun punto P do plano antiprincipal obxecto e penetre no sistema emerxerá, concorrendo real ou virtualmente nun punto P’, do plano antiprincipal imaxe; esta imaxe, P’, atoparase na outra banda e á mesma distancia do eixe que o punto P.

    2. Aplícase a cada un dos dous puntos de intersección dos planos antiprincipais co eixe do sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de Santiago de carácter irregular da que saíron 18 números entre novembro e decembro de 1808.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor xenovés. Traballou con Giovanni Aprili e Pier Angelo della Francesca nas obras de restauración do Convento de San Lourenzo de Trasouto en Santiago de Compostela, promovidas pola duquesa de Medina de las Torres a finais do s XIX. Realizou o retablo maior do convento en mármore de Carrara, así como as estatuas orantes dos marqueses de Ayamonte: Francisco de Zúñiga Guzmán e Leonor Manrique Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor xenovés. Traballou con Antonio Aprili e Pier Angelo della Francesca nas obras de restauración do Convento de San Lourenzo de Trasouto en Santiago de Compostela, promovidas pola duquesa de Medina de las Torres a finais do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Latina, no Lacio, Italia (55.355 h [1996]). Creada no 1936, foi destruída durante a Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina gnoseolóxica que afirma a preeminencia do coñecemento a priori sobre a experiencia.

    2. Método de razoamento fundamentado nas ideas a priori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao apriorismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ocupación dunha terra erma sen titular directo co propósito de explotala convenientemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aprisionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Meter a alguén en prisión.

    2. Atar a alguén para que non se poida mover ou soltar.

    3. Agarrar algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto de intersección da eclíptica co ecuador celeste. Como consecuencia do movemento causado pola nutación, o primeiro punto de Aries atópase agora na constelación de Pisces. É coñecido tamén por punto vernal, punto equinoccial ou equinoccio de primavera, e está representado polo signo de Aries.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos principios fundamentais da estática de fluídos, polo que un corpo somerxido nun fluído é afectado por unha forza ascensional (impulso de Arquímedes) aplicada ao metacentro igual ao peso do fluído desaloxado. Se se supón que o corpo e o líquido son homoxéneos e de pesos específicos γ1 e γ2, chámaselle P ao peso do corpo, e F á forza ascensional, cúmprese que P = Vγ1 e F =Vγ2, onde V é o volume do corpo. Se P > F, o corpo afúndese. Se P = F, o corpo nada entre dúas augas, e se P < F, o corpo flota. En todos os casos o peso do corpo medido dentro do fluído é P - F.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en Nápoles por Carlos V en 1532 a Antonio de Leiva y Hurtado de Mendoza, marqués de Atella e conde de Monza, que estaba casado con Castellana de Vilaragut. A grandeza de España xa lle fora outorgada no 1530. Coa morte do sexto titular o principado reverteu á Coroa. En 1679, Carlos II concedeulle o ducado de Áscoli aos Marulli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título dos fillos primoxénitos e herdeiros dos reis de España. Foi fundado por Xoán II en 1388 cun morgado para os fillos lexítimos e primoxénitos dos reis de Castela e León.

    VER O DETALLE DO TERMO