Aries, primeiro punto de
Aries, primeiro punto de
Punto de intersección da eclíptica co ecuador celeste. Como consecuencia do movemento causado pola nutación, o primeiro punto de Aries atópase agora na constelación de Pisces. É coñecido tamén por punto vernal, punto equinoccial ou equinoccio de primavera, e está representado polo signo de Aries.