Ascoli, principado de
Ascoli, principado de
Título concedido en Nápoles por Carlos V en 1532 a Antonio de Leiva y Hurtado de Mendoza, marqués de Atella e conde de Monza, que estaba casado con Castellana de Vilaragut. A grandeza de España xa lle fora outorgada no 1530. Coa morte do sexto titular o principado reverteu á Coroa. En 1679, Carlos II concedeulle o ducado de Áscoli aos Marulli.