Ascoli, Bronce de
Ascoli, Bronce de
[EPIG]
Documento epigráfico descuberto en Roma no ano 1908. O soporte é unha placa de bronce que leva escrito o decreto do 18 de novembro do 90 a C, polo cal o xeneral Gneo Pompeio Estrabón concedeu o dereito de cidadanía romana aos trinta equites hispánicos que facían a turma saluitana polo seu comportamento en combate durante as guerras mársicas. Contén unha lista cos nomes dos cabaleiros e a súa orixe. É un testemuño da presenza en Hispania dunha clientela pompeiana.