ascomiceto -ta

ascomiceto -ta

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos ascomicetos.

  2. s m pl [FUNGO]

    Clase de fungos, caracterizada pola formación de ascosporas, actualmente substituída por catro clases: acarpoascomicetos, himenoascomicetos, laboulbeniomicetos e plectomicetos, englobadas baixo a subdivisión ascomicotina.

  3. ascomiceto imperfecto [FUNGO]

    Fungo ascomiceto do que se descoñece a reprodución sexual e por tanto a produción de ascosporas. Viven principalmente saprofiticamente sobre follas e talos mortos ou parasitan plantas vivas. Moitos deles teñen un grande interese en fitopatoloxía.

Palabras veciñas

Ascoli, principado de | ascolique | ascoma | ascomiceto -ta | ascomicotina | ascon | ascón