"Padrenda" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Cibrán que dá nome ao concello de Padrenda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Terra de Celanova, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no SO da provincia de Ourense. Limita ao N cos concellos de Pontedeva e de Gomesende (comarca de Terra de Celanova), ao L co concello de Quintela de Leirado (comarca de Terra de Celanova), ao S con Portugal e ao O co concello de Crecente (comarca da Paradanta) e con Portugal. A súa posición xeográfica é 42° 08’ latitude N e 8° 09’ lonxitude O. Abrangue unha superficie de 57 km 2 en que acolle unha poboación de 2.405 h (2007) distribuídos nas parroquias do Condado, Crespos, Desteriz, Monte Redondo, Padrenda e San Pedro da Torre. A capital do concello é San Roque, localizada a 40 km ao SO da cidade de Ourense e a 143 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Bande.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Padrenda atópase nun territorio de transición entre diferentes unidades de relevo, en que existen agudos contrastes xeográficos entre... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Padrenda. Construída en estilo barroco entre finais do s XVII e XVIII, ten nave única e ábsida rectangular. A capela maior e a sancristía teñen cuberta de madeira. Na fachada principal destaca a espadana de dous vans, rematada nun corpo piramidal.
VER O DETALLE DO TERMO