"Pamos" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Liñaxe galega que leva como armas, escudo cuarteado: primeiro cuartel, en campo de azul, unha aguia da súa cor, picada e coas patas de ouro; segundo, en campo tamén de azul, unha cruz de ouro; terceiro, en campo de goles, un castelo, de ouro, e cuarto, en campo de ouro, un león rampante, de cor natural. Outra variante recolle, en campo de azul, dous ollos, de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Denominación de diversos paxaros da familia dos muscicápidos, da orde dos paseriformes, que teñen o peteiro fino e se alimentan de insectos.

      2. papamoscas cinsento [Muscicapa striata, Fam dos muscicápidos]

        Ave de aproximadamente 14 cm que presenta as partes superiores de cor parda cinsenta e as inferiores máis claras, co peito lixeiramente listado. Aliméntase de pequenos insectos que atrapa mentres voa. Vive en xardíns, arboredos e bordos dos bosques de toda Europa e hiberna na África tropical. En Galicia é estival e pode verse nalgúns concellos do S do Courel e do NL de Ourense, así como nalgunhas zonas das Rías Baixas.

      3. papamoscas negro [cast: papamoscas; ingl: flycatcher] [Ficedula hypoleuca, Fam dos muscicápidos]

        Ave de case 12 cm, que presenta diferenzas de coloración entre o macho e a femia. O primeiro é negro salvo nas ás, a testa e os laterais do rabo, que teñen bandas brancas. A femia é igual pero parda en lugar de negra. Aliméntase de insectos e bagas. Habita no centro e NL da Península Ibérica e en Europa. En Galicia é unha ave de paso.

      4. papamoscas paporrubio [Ficedula parva, Fam dos muscicápidos]

        Ave de case 12 cm, que presenta diferenza de coloración entre os sexos. O macho ten o peito dunha cor alaranxada, a cabeza gris e as ás pardas. As femias carecen do laranxa do peito. Aliméntanse de insectos e bagas. En Galicia a súa presenza é accidental.

    1. papán.

    VER O DETALLE DO TERMO