"Pepsi" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Anulación ou diminución das funcións químicas dixestivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dixestión lenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dixestión difícil e laboriosa de carácter crónico. Non expresa unha enfermidade, senón a percepción, no medio do ventre, de trastornos relacionados coa dixestión. As dispepsias son primitivas, comprenden os trastornos dixestivos altos de causas imprecisas, e secundarias, refírense aos trastornos da función gástrica orixinados na patoloxía dun órgano dixestivo ou en alteracións non dixestivas. Fanse dous grandes grupos: as hiperesténicas, en que o malestar non aparece ata que transcorreron unhas cantas horas desde a inxestión de alimentos, e as hipoesténicas, en que o malestar se manifesta cando o estómago está cheo de alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado fisiolóxico que define a dixestión normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dixestión deficiente que se debe a unha menor secreción de enzimas gástricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa estadounidense creada en 1903 por Caleb Bradham para comercializar un refresco de cola, co nome de Pepsi-Cola, que primeiramente fora unha medicina contra a dispepsia. Na década de 1950 comezou a súa expansión internacional e comercializaron os seus produtos a traves de filiais locais. En 1965 fundouse PepsiCo, Inc e, en 1992, entrou en sociedade coa Compañía Thomas J. Lipton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima proteolítico, illado por primeira vez por J. H. Northrop, que cataliza a hidrólise dos enlaces peptídicos que presentan un grupo carbonilo pertencente a algún dos seguintes aminoácidos: fenilalanina, triptófano, tirosina, leucina, ácido aspártico ou glutámico. Segrégao a mucosa gástrica dos mamíferos en forma dun precursor inactivo (pepsinóxeno), que se converte en pepsina mediante a súa propia acción catalítica en presenza do ácido clorhídrico que contén a mucosa gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precursor inactivo do enzima pepsina, segregado pola mucosa gástrica. Activado polo ácido clorhídrico das células parietais das glándulas gástricas (chamadas oxínticas), dá lugar á pepsina.

    VER O DETALLE DO TERMO