"Perú" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • Que é pouco humilde ou manifesta un comportamento altivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado formado pola unión de Bolivia e Perú en 1836. O Pacto de Tacna (1837) concedeu a presidencia da Confederación ao boliviano Andrés de Santa Cruz e dividiu o novo estado en tres repúblicas confederadas: Bolivia, o norte de Perú e o sur de Perú. Chile e Arxentina declaráronlle a guerra; trala Batalla de Yungay (1839) a Confederación disolveuse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das ciperáceas ao que pertencen as xonzas e as chufas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de abertura dos botóns florais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores e arbustos monoicos ou dioicos, da familia das cupresáceas, de follas opostas ou verticiladas, escuamiformes ou aciculiformes e o froito en baga indehiscente. En Galicia esta presente a especie J. communis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Perú a partir do 2 de xaneiro de 1791 ata 1794. Apareceu primeiro como Mercurio (1790) e baixo o subtítulo “Diario de Lima, curioso, erudito, económico y comercial”. Saíu cada tres días, impulsado pola Sociedad de Amantes del País de Lima e contou co apoio do vicerrei Gil y Lemos. Foi unha das publicacións máis antigas de América, que tivo como precedesora á Gaceta de Lima (1743). Incluíu novas de historia, literatura, medicina e información xeográfica do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de cine. Secretario da asociación 100 Años de Cine e presidente da Asociación Española de Historiadores de Cine, asesorou os festivais cinematográficos de Valladolid, Bilbao e València. Da súa produción destacan Abrir las puertas del mar: guión para un cortometraje (1970), en colaboración con Francisco Llinas; El cinema de Edar Neville (1982), El cinema de Luis Marquina (1983), e Berlanga (1999); a recompilación Antología crítica del cine español: 1906-1995 (1997); e como coordinador, Gonzalo Torrente Ballester y el cine español (2000) e Tragedia e ironía: el cine de Nieves Conde (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de América do Sur, que limita ao N con Ecuador e Colombia, ao L con Brasil e Bolivia, ao S con Chile e ao O co Océano Pacífico (1.285.216 km2; 26.347.000 h [estim 2001]). A súa capital é Lima.
    Xeografía física
    Cómpre distinguir tres grandes rexións: a rexión costeira, a serra e a montaña. A rexión costeira é unha faixa de terras baixas que constitúen as zonas agrícolas máis ricas de Perú. Diante do litoral, en xeral alto e compacto, esténdense unha serie de illotes recubertos de guano. A serra (65% do territorio) está formada por un amplo sector do sistema andino, un complexo de amplos altiplanos, impoñentes macizos e profundos vales. Nos Andes da parte N esténdense tres cadeas principais case paralelas: a Cordillera Occidental (Nevado Huascarán, 6.746 m), a Central e a Oriental, a máis baixa. Ao S están os Andes de Ucayali ou do Apurimac, con dúas cadeas, Occidental e Oriental, entre as que se estende o altiplano de Puna,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • icerreinado establecido pola Coroa de Castela en 1542 sobre os seus territorios en América. Inicialmente comprendía Nueva Castilla (Perú), Tierra Firme (Panamá e costa N de Colombia), Nueva Granada (Colombia), Quito (Ecuador), Charcas (Bolivia e Río de La Plata) e Chile. O primeiro vicerrei foi Blasco Núñez de Vela, que tivo que recuperar a autoridade real. Francisco de Toledo (1569-1581) organizou a administración do vicerreinado que se converteu no máis importante de América Latina grazas á súa produción de prata. A capital, Lima, erixiuse no centro cultural e eclesiástico máis notable de toda América do Sur, aínda que a partir de comezos do s XVIII iniciou a súa decadencia. A creación dos vicerreinados de Nova Granada (1739) e Río de La Plata (1776), reduciu o vicerreinado do Perú aos territorios de Perú, Bolivia, Chile e Ecuador, e desapareceu en 1824 despois da Batalla de Ayacucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Perú ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Perú.

    3. Arte desenvolvida en Perú. Durante a época colonial, as artes recibiron a influencia hispánica, aínda que con achegas indíxenas. En canto á arquitectura atópase un eclecticismo que responde ás diferentes influencias cronolóxicas, como a igrexa do convento de Santo Domingo de Lima, de estilo mudéxar, ou a catedral de Cuzco, renacentista. A finais do s XVII triunfou plenamente o estilo barroco na igrexa da Compañía de Arequipa, na catedral, reconstruída, de Lima, e en diversas igrexas da capital, Trujillo e Cuzco. Coa independencia, a principios do s XIX implantouse o neoclasicismo, como no palacio do Senado de Lima. Co s XX deuse paso a unha arquitectura de acordo coas novas tendencias. A pintura recibiu novos impulsos con I. Merino, L. Montero e F. Laso, e con J. Sabogal, T. Carvallo, R. Grau e F. Szyrlo.

    4. Literatura en lingua castelá cultivada en Perú. A primeira gran figura foi o cronista de Indias de orixe inca, Garcilaso de la Vega, que nos seus Comentarios reales narra a historia do Imperio Inca. A partir de 1599 e durante todo o s XVII, o teatro tivo unha grande importancia con figuras como Pedro de Peralta Barnuevo. No s XIX sobresaen a obra filosófica e novelística de Pablo de Olavide e a achega intelectual dos escritores agrupados ao redor do xornal Mercurio Peruano. A prosa, esencialmente narrativa, iniciouse a partir do movemento romántico e baixo o signo do costumismo e do realismo con Ricardo Palma como máximo representante deste período. A derrota ante Chile na guerra do Pacífico imprimiu un cambio decisivo na sociedade peruana e na súa literatura. Manuel González Prada ergueuse como a nova conciencia dun país en crise. Baixo a súa influencia apareceu a novela realista con autoras como Mercedes Cabello de Carbonera e Clorinda Matto de Turner. Dentro do modernismo...

    5. Arte musical cultivada en Perú. O imperio inca tiña unha cultura musical moi desenvolvida. Os casteláns introduciron a música occidental: Gutierre Fernández Hidalgo (1553?-1618), foi o primeiro representante nativo. Outros compositores foron J. B. Alzedo (1798-1878), Daniel Alomía (1871-1942) e, modernamente, o grupo de compositores formados no contorno de Rudolf Holzmann (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi redactor de Ariel, crítico de arte e colaborador en diversos diarios e revistas. Como poeta destacan as obras Sota la sang (1947), relacionada co superrealismo, e Cendres & diamants (1991). Nas súas novelas combina elementos literarios e eruditos, nalgúns casos próximas ao mundo imaxinativo de Borges ou ao realismo máxico de Cunqueiro, como Llibre de cavalleries (1947), Les aventures del cavaller Kosmas (1981, Premi Ramon Llull 1981, Premio Nacional de la Crítica 1981 e Premi Joan Crexells 1982) e El baró de Maldà i les bèsties de l’infern (1994). Tamén publicou o estudo Joan Miró i Catalunya (1970), libros de ensaio, como Teoria de Catalunya (1985), e as memorias Els Jardins de la malenconia (1992). Foi membro da Acadèmia de Bones Lletres (1976). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1991), o Premio Nacional de Cultura (1995) e o Premio Nacional de las Letras (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Umbria, Italia, situada entre o val do Tíber e o lago Trasimeno (148.575 h [2000]). A súa economía baséase nas conservas alimentarias, nas manufacturas cerámicas e nas fábricas de mistos. Cidade etrusca (Perusia), someteuse a Roma en 295 a C. Pertenceu ao exarcado de Ravenna e en 754 integrouse nos Estados Pontificios, dos que logo se independizou. En 1540 reverteu o dominio do papa e en 1860 integrouse no novo estado italiano. Conserva restos etruscos. Destacan as igrexas de Sant’Angelo (ss V-VI), Santa Maria de Monteluce, románica, e as góticas de Sant’Agostino, Sant’Agata e a catedral. De época renacentista cómpre salientar Santa Maria della Luce, San Bernardino e a Rocca Paulina, fortificación obra de A. Sangallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión de Umbria, Italia (6.334 km2; 597.470 h [2000]). A súa capital é Perugia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pietro Vannuci.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de pera pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Investigador e profesor en Cambridge desde 1940, fundou en 1947, xunto a J. C. Kendrew, e presidiu o Medical Research Council Unit for Molecular Biology da Cambridge University. Estudou a estrutura cristalográfica do xeo e da neve. Recibiu o Premio Nobel de Química (1962), xunto con J. C. Kendrew, polo descubrimento da estrutura tridimensional da hemoglobina e da mioglobina, grazas ao perfeccionamento da técnica de difracción dos raios X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto italiano. Formouse e traballou en Siena con Il Pinturichio, e en Roma con Raffaello Sanzio (1516-1517). Construíu e decorou dúas salas da Villa Farnesina en Roma (1508-1511), dirixiu as obras de San Pedro do Vaticano a partir de 1520 e, en 1535, comezou o Palazzo Massimo alle Colonne, un dos primeiros exemplos do manierismo arquitectónico romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ornamento sagrado que se pon sobre as costas, como é o caso do palio, o amito, a estola, e o racional e, sobre todo, o umeral e o velo que levan os ministros do báculo e a mitra ou o que leva o subdiácono para soster a patena.

    VER O DETALLE DO TERMO