Perugia

Perugia

Capital da provincia homónima, Umbria, Italia, situada entre o val do Tíber e o lago Trasimeno (148.575 h [2000]). A súa economía baséase nas conservas alimentarias, nas manufacturas cerámicas e nas fábricas de mistos. Cidade etrusca (Perusia), someteuse a Roma en 295 a C. Pertenceu ao exarcado de Ravenna e en 754 integrouse nos Estados Pontificios, dos que logo se independizou. En 1540 reverteu o dominio do papa e en 1860 integrouse no novo estado italiano. Conserva restos etruscos. Destacan as igrexas de Sant’Angelo (ss V-VI), Santa Maria de Monteluce, románica, e as góticas de Sant’Agostino, Sant’Agata e a catedral. De época renacentista cómpre salientar Santa Maria della Luce, San Bernardino e a Rocca Paulina, fortificación obra de A. Sangallo.