"Petra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • Nome nas linguas romances do astrónomo andaluz Ishaq al Bitrugi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das empetráceas.

    2. Planta da familia das empetráceas.

    3. Familia de arbustos, da orde das ericais, de follas lineais, persistentes e con flores co perianto dímero ou trímero que dan lugar a froitos en baga globosa. Está integrada polos xéneros Empetrum e Corema, propios de zonas temperadas ou frías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dente de peixe fósil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de impetrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que impetra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obter algo suplicando.

    2. Pedir algo insistentemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para impetrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e politocóloga alemana. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Washington, formou parte de movementos xuvenís relacionados co pacifismo, o feminismo e o ecoloxismo. De novo en Europa, fundou o partido Die Grünen (Os Verdes) en 1979. Recibiu o Right Livelihood Award e en 1992 foi atopada morta, xunto ao seu compañeiro J. Bastian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes ciclostomados, da familia dos petromizóntidos, que carece de mandíbulas e de escamas e presenta un esqueleto cartilaxinoso alongado con dúas aletas dorsais posteriores e unha aleta caudal. Pertencen a este xénero as especies L. fluviatilis ou L. planeri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín Petrus, forma masculina de petra, ‘pedra, rocha’. Presenta a variante Pero. Entre os santos que levan o seu nome destaca o apóstolo san Pedro, que ten distintas celebracións: 29 de xuño, aniversario do seu martirio; 1 de agosto, san Pedro ad víncula, en conmemoración do seu paso pola cadea; 22 de febreiro, a Cátedra de san Pedro, que celebra a súa primacía. San Pedro é titular de 322 parroquias (18 compartidas con san Fiz). É patrón dos concellos de Leiro, Melide, Miño, Muras, Crecente, Nigrán, O Pino, Quintela de Leirado, Riotorto e Xunqueira de Ambía, onde se celebra o 29 de xuño; tamén o é de Agolada, que o celebra o día 28 de xuño. Outros santos son san Pedro Mezonzo que se celebra o 10 de setembro; san Pedro Nolasco, o 29 de xaneiro; san Pedro Canisio o 21 de decembro; Pedro Crisólogo o 30 de xullo; san Pedro Chanel o 28 de abril, e san Pedro Damián o 21 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín Petrus, forma masculina de petra, ‘pedra, rocha’. Presenta a variante Pero. Entre os santos que levan o seu nome destaca o apóstolo san Pedro, que ten distintas celebracións: 29 de xuño, aniversario do seu martirio; 1 de agosto, san Pedro ad víncula, en conmemoración do seu paso pola cadea; 22 de febreiro, a Cátedra de san Pedro, que celebra a súa primacía. San Pedro é titular de 322 parroquias (18 compartidas con san Fiz). É patrón dos concellos de Leiro, Melide, Miño, Muras, Crecente, Nigrán, O Pino, Quintela de Leirado, Riotorto e Xunqueira de Ambía, onde se celebra o 29 de xuño; tamén o é de Agolada, que o celebra o día 28 de xuño. Outros santos son san Pedro Mezonzo que se celebra o 10 de setembro; san Pedro Nolasco, o 29 de xaneiro; san Pedro Canisio o 21 de decembro; Pedro Crisólogo o 30 de xullo; san Pedro Chanel o 28 de abril, e san Pedro Damián o 21 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de perpetrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen perpetra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cometer ou realizar un delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado en Mallorca, Illes Balears (1.911 h [2001]). A agricultura perdeu peso e foi substituída, en gran parte, polo sector servizos, vinculado principalmente ás actividades turísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación grega da antiga capital dos nabateos, ao S do actual territorio de Xordania, 26 km ao NO de Ma’ān, preto do Mar Morto. Habitada polos hurritas e edomitas, foi capital dos nabateos (312 a C-106) e centro das rutas que unían Arabia e Elat con Palestina, Fenicia e Siria. Acadou o máximo esplendor con Aretas III (86-62 a C), que derrotou a Antíoco XII (85 a C) e a Alexandre Janneo (80 a C), apoderouse de Damasco e Celesiria e estendeu o seu reino desde o N de Higaz ata o S de Siria. Ocupada polos romanos en 106, gozou do seu emprazamento privilexiado ata a apertura da ruta do Éufrates, cando foi desbancada por Palmira. Sé episcopal ata a invasión musulmá (s VII), foi fortificada tamén polos croatas (s XII). Descuberta en 1812 por J. Burckhardt, dos seus restos destacan as monumentais tumbas escavadas na rocha, o plano de casas do s III a C, a cerámica nabatea, incensarios, altares e numerosas inscricións. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Como humanista, a súa cultura foi vasta e refinada, máis literaria ca filosófica, onde condenaba a corrupción e a decadencia da Igrexa, nun intento por volver á simplicidade evanxélica. A lectura das Confesións de santo Agostiño sumiuno na primeira das numerosas crises relixiosas que tivo ao longo da súa vida. Formouse inicialmente en leis en Montpellier, Bolonia e Aviñón, ata que en 1326 decidiu dedicarse plenamente á literatura. Preocupouse de forma extraordinaria polo seu estilo, baseado na lectura dos clásicos e, como humanista, polo legado que ía deixar ás xeracións posteriores. Ligado nun principio á familia do cardeal Colonna, co tempo estivo baixo a protección do arcebispo de Milán G. Visconti e mesmo mantivo relación coa familia dos Carrara. Coroado como poeta no Capitolio de Roma en 1341, as súas obras poden clasificarse entre as escritas en latín, dirixidas á nobreza e ao papado; e as escritas en lingua “vulgar”, orientadas ao estamento burgués, que cronoloxicamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento poético que se basea na imitación da lírica de Petrarca, practicamente reducida ao seu Canzoniere, no mundo occidental, especialmente románico, dos ss XIV-XVIII. É un manierismo que bebe das frases, imaxes e versos amorosos de Petrarca, esaxerando o seu preciosismo, as reiteracións e as sutilezas. En Italia ten tres momentos: un primeiro petrarquismo (ss XIV-XV) en que destacou, sobre todo, Serafino Aquilano; un segundo petrarquismo (s XVI), que volveu ao verdadeiro Petrarca e, por obra de Bembo, elevouno á categoría de modelo de poesía (bembismo); e un terceiro petrarquismo da Arcadia, difundido a través dos quiñentistas, especialmente Di Costanzo, que persistiu ata o s XIX, e que se manifestou na obra de Foscolo, Leopardi e Carduci. Fóra de Italia o petrarquismo baseouse en plaxios e paráfrases dos poetas do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao petrarquismo.

    2. Seguidor do petrarquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Funcionario do ministerio de Asuntos Exteriores, organizou un grupo intelectual en Peterburgo, de ideas socialistas. O grupo foi acusado de conspiración e desterraron ou encarceraron os seus membros.

    VER O DETALLE DO TERMO