"Piemonte" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • REXIÓNS

    Rexión do N de Italia que comprende as provincias de Alexandría, Asti, Biella, Cuneo, Novara, Turín, Verbano-Cusio-Ossola e Vercelli (25.399 km2; 4.166.442 h [2001]). A súa capital é Turín. Constitúe practicamente a alta conca do Po e comprende a vertente italiana dos Alpes occidentais, desde a depresión de Tenda ata Simplon, a excepción da alta conca do Dora Baltea ou Val de Aosta, e a vertente N dos Alpes Ligures. Nos Alpes piemonteses localízanse algúns dos macizos alpinos máis importantes, como o Monte Rosa (4.645 m) e o Gran Paradiso (4.061 m). A chaira está formada por materiais sedimentarios. O clima é continental. Hidrograficamente pertence á alta conca do Po, formada por este río co Dora Riparia, o Dora Baltea e o Orco, entre outros afluentes. A poboación concéntrase principalmente na provincia de Turín. A área agrícola máis produtiva é o sector da chaira e dos outeiros, e os cultivos principais son os cereais, as patacas, as árbores froiteiras e a vide....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Piemonte ou aos seus dialectos.

    2. Natural ou habitante de Piemonte.

    3. ariedade lingüística galoitálica da familia italorrománica do phylum indoeuropeo que se fala en Piemonte. Nos últimos anos o piemontés está máis presente na sociedade: existen xornais e revistas en piemontés, así como edición de música, e na televisión e na radio hai algúns programas realizados integramente nesta lingua. Ten moitos trazos que se achegan ao galorrománico: palatalización de U (lüm < lat LUMEN), perda de vogais finais -agás -A- (subit < SUBITO), paso de A > e nos infinitivos (canté[r] < CANTARE), simplificación de xeminadas (caval < CABALLU), e palabras como buchèt ‘póla’ (ital: mazzo).

    VER O DETALLE DO TERMO