piemontés -sa
piemontés -sa
(< topónimo Piemonte)
-
adx
Relativo ou pertencente a Piemonte ou aos seus dialectos.
-
s
Natural ou habitante de Piemonte.
-
s
m
[LING]
ariedade lingüística galoitálica da familia italorrománica do phylum indoeuropeo que se fala en Piemonte. Nos últimos anos o piemontés está máis presente na sociedade: existen xornais e revistas en piemontés, así como edición de música, e na televisión e na radio hai algúns programas realizados integramente nesta lingua. Ten moitos trazos que se achegan ao galorrománico: palatalización de U (lüm < lat LUMEN), perda de vogais finais -agás -A- (subit < SUBITO), paso de A > e nos infinitivos (canté[r] < CANTARE), simplificación de xeminadas (caval < CABALLU), e palabras como buchèt ‘póla’ (ital: mazzo).