Piera

Piera

Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado en l’Anoia, no límite co Alt Penedès (10.048 h [2001]). Destaca o cultivo da vide, seguido dos cereais, as amendoeiras, as oliveiras e as árbores froiteiras. Posúe industria téxtil, química, alimentaria, da construción, de produtos refractarios e de cerámica. É centro de veraneo.