"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

  • Academia imperial fundada polo Emperador chinés Xuanzong da dinastía Tang (740). Perdurou ata o afundimento do réxime imperial (1911). Tivo importancia nos eidos da lingua, a literatura e as artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece a Franz Ulrich Theodosius Hoch, físico alemán. Ensinou Astronomía en Berlín e San Petersburgo, onde foi membro da Academia de Ciencias. Considérase o inventor do condensador eléctrico e do electróforo. A súa obra principal foi o Tentamen theoriae electicitatis et magnetismi (1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á flora que, nas montañas africanas, ocupa as zonas xeobotanicamente equivalentes aos pisos alpino e subalpino europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Agrippina, forma feminina de Agrippa. Nun principio, era un nome común que designaba os nenos que nacían en posición podálica, é dicir, botando primeiro os pés. A festa de santa Agripina, mártir en Roma baixo o Emperador Valeriano, celébrase o 23 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • a Vella (? 14 a C - Pandaria 33 d C) Filla de Marco Vipsanio Agripa e de Xulia; muller de Xermánico e nai de Calígula e de Agripina a Nova. En tempos de Tiberio foi exiliada á illa Pandataria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • a Nova (? 16 - 59 d C) Filla de Xermánico e Agripina a Vella. No ano 49 casou en terceiras nupcias co Emperador Claudio, a quen obrigou a adoptar o seu fillo Nerón, facendo que o nomease sucesor en detrimento do propio fillo de Claudio, Británico. Claudio morreu envelenado por Agripina, axudada por Locusta, que mantivo o poder durante a primeira parte do Imperio de Nerón, quen a fixo asasinar cando considerou que o poder da súa nai era excesivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de València (4.185 h [1996]). Drenado polo río dos Sants. Laranxeiras, figueiras, millo, trigo, cacahuetes, patacas, algodón, oliveiras e alfarrobeiras. Industria téxtil, papeleira, materiais de construción e conservas de froitas. Antigo casarío de orixe islámica. Pazo señorial e igrexa do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación británica de alpinismo fundada en Londres, no ano 1857 por Tucket, Johan Tyndall, Kennedy, Douglas William Freshfield e W.A.B. Coolidge. É o club máis antigo desta especialidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das zinxiberáceas distribuído no surleste asiático. Presentan rizomas con aplicacións medicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ascensión a cumios elevados ou dificilmente accesibles. Termo aplicado, por extensión ao deporte practicado en todas as montañas do mundo e que foi iniciado a finais do s XVIII coa primeira ascensión ao Mont Blanc (1786), lograda por Jacques Balmat e o doutor Paccard. Un novo elemento dá ao alpinismo a súa dimensión xenuinamente deportiva: a busca deliberada da dificultade. Iso proclámao Whymper (1871) e principia a etapa do alpinismo acrobático, introducido polo inglés Mummery. Durante os anos trinta do s XX, escaláronse as tres famosas caras N dos Alpes: Monte Cervino (1931 por F e T Schmidt, de Alemaña), Grandes Jorasses (1935 por R. Peters e M. Maier, de Alemaña), Eiger (1938 por A. Heckmari e L. Vörg, de Alemaña, e F. Kasparek e H. Harrer, de Austria) e a punta Walker dos Jorasses (1938 por R. Cassin, U. Tizzoni e L. Esposito, de Italia). Nestes anos a moderna fase do alpinismo acomete o Himalaia, con expedicións como a dos norteamericanos Irvine e Mallory en 1924, que aínda manteñen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deportista que practica o alpinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paisaxe de montaña orixinariamente arborada que, debido á acción humana, se presenta como prado alpino propio de maiores alturas, onde o limitante para as árbores son as temperaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Alpes ou ás montañas elevadas.

      1. Relativo ou pertencente ao grupo humano alpino ou aos individuos que a compoñen.

      2. Individuo do grupo humano denominado alpino.

      3. grupo humano alpino Grupo humano leucodermo, do subgrupo braquicéfalo, que se localiza en Europa Central e Francia. Segundo a sistemática racial de Heim (1972), baseada na pigmentación da pel, a estatura e o índice cefálico, a raza alpina ou cenevola, presenta unha pigmentación castaña, estatura media, forte braquicefalia e cabeza curvo-occipital en norma lateral, face de contorno redondeado, fronte vertical, arcadas supraorbitarias moderadamente desenvolvidas, nariz ancho e braquimorfia con membros relativamente curtos e robustos. Os lapóns aparecen como variante setentrional. Cómpre salientar, sen embargo, que esta clasificación non se sostén coa introdución de marcadores xenéticos.

    2. Relativo ou pertencente ao piso alpino.

    3. Conxuntos montañosos erguidos durante o ciclo oroxénico alpino.

      1. Dise do cazador a pé especialmente adestrado para o combate nas montañas.

      2. tropas alpinas Conxunto de unidades de infantería e artillería, especializadas no combate nas montañas.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece o anónimo pintor de cerámica ateniense. Foi un dos máis importantes representantes do estilo chamado figuras negras; decorou oito pezas procedentes do obradoiro do ceramista Amasis, co que adoita ser identificado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise de todo aquilo que se opón á práctica da dopaxe nos deportes.

    2. En medicina deportiva, análise para determinar a presenza de substancias prohibidas, consideradas nocivas para a saúde dos deportistas e empregadas para mellorar o rendimento na competición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero da subfamilia dos antilopinos.

    2. Subfamilia de mamíferos bóvidos, que comprende un gran número de animais ruminantes de diversos xéneros, coñecidos polo nome de antílopes. Son animais gregarios, que viven nas sabanas, nos desertos e en bosques mestos de África e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Antuerpia.

    2. Natural ou habitante de Antuerpia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuntar estreitamente unhas cousas ou persoas con outras.

    2. Xuntarse unhas persoas ou cousas a outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise das aves ou outros animais que presentan pintas ou manchas de distintas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO