"Poltava" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Ucraína, situada na beira do río Vorskla, afluente do Dniéper (313.199 h [1999]). A súa economía baséase na construción mecánica, metalurxia, produción de diamantes sintéticos e industria alimentaria e lixeira. As primeiras mencións sobre a cidade datan de 1174, aínda que co nome de Ltava. En 1430 Lituania cedéullela aos tártaros. Devastada sucesivas veces durante os ss XVI e XVII, chegou a ser potencia cosaca ao pasar a Rusia (1667). En 1709 tivo lugar a Batalla de Poltava en que Pedro I de Rusia derrotou o exército de Carlos XII de Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Ucraína (28.800 km2; 1.708.300 h [estim 1998]). A súa capital é Poltava.

    VER O DETALLE DO TERMO