"Queens" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • DISTRITOS

    Distrito de Nova York, EE UU, o máis grande en extensión, situado ao O de Long Island (180 km2; 2.229.379 h [2000]). Esténdese a través da illa, desde a unión do East River e Long Island Sound ao Océano Atlántico. A construción da ponte de Queensboro (1909) e do túnel viario e ferroviario de Long Island (1910) promoveu unha rápida expansión. É de carácter residencial e industrial, e nel están os aeroportos de La Guardia e o John F. Kennedy International.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NL de Australia (1.727.200 km2; 3.655.139 h [2001]). A súa capital é Brisbane. A costa pacífica é abrupta e ten moitas illas, no interior levántase o Great Dividing Range (900-1.500 m), e ao O esténdese un basto altiplano. Atravesado polo trópico de Capricornio, ten clima tropical e case ecuatorial no N. O bosque cobre a cordilleira, e no interior hai unha transición da sabana ao saltbush. Conta coa metade dos bovinos do país e ten gandaría leiteira e ovina en Darling. A cana de azucre é o cultivo máis importante e supón o 95% da produción australiana. Os recursos mineiros son abundantes dos que destacan o estaño, cobre, chumbo, cinc, grandes depósitos de bauxita e uranio. Posúe reservas de carbón, petróleo e gas natural. A industria de fertilizantes, química, petroquímica, montaxe de vehículos de motor, locomotoras, estaleiros, téxtil da la, plásticos e pneumáticos, céntrase principalmente na capital.

    VER O DETALLE DO TERMO