"Quiroga" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 50.
-
PERSOEIRO
Militar. Comandante do Estado Maior, fundou a Bandera Legionaria Gallega de Falange Española (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político republicano, fillo de Santiago Casares Paz. Estudiou no Colexio Dequidt e no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña. Iniciou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou na Universidad Central de Madrid, onde defendeu unha tese sobre Ramón de la Sagra, socialista utópico galego. Durante a súa etapa universitaria militou no Partido Republicano Autónomo da Coruña, defensor dun republicanismo de esquerdas e promotor dos dereitos democráticos nun estado laico. No ano 1911 volveu á Coruña, onde comezou a desenvolver a súa carreira como avogado especializado na defensa de pequenos casos de obreiros e líderes sindicais locais que lle deron notoriedade popular. Tralas eleccións municipais de 1911 e ata 1920 resultou elixido concelleiro e ocupou o cargo de sexto tenente de alcalde do concello; no exercicio dese mandato aprendeu a arte de facer política da man dos activos republicanos coruñeses. No transcurso desa década comprometeuse no proxecto...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor neoclásico. Recibiu en Madrid formación científica no eido da astronomía, da física, das matemáticas e da química. Desempeñou diversos cargos no Arsenal de Ferrol e dirixiu, de xeito interino, a fábrica de moedas de Xubia (1813-1816). Iniciou a súa carreira artística a finais da década de 1790. A crise da produción naval iniciada coa Guerra de Independencia, levouno a dedicarse de cheo á pintura. Pintor de limitados recursos artísticos, empregou sobre todo tons ocres e terras. No seu estilo demostrou coñecer a obra de Mengs, do que se pensa que foi discípulo e de quen copiou o seu Descendemento para a capela do cemiterio de Ferrol (1817). Na catedral de Mondoñedo realizou entre 1829 e 1834 os cadros Inmaculada Concepción, Virxe do Rosario, Desposorios da Virxe, San Sebastián e San Fernando na toma de Sevilla. Para o Hospital da Caridade de Ferrol fixo, entre outras obras, os retratos Dionisio Sánchez Aguilera, Alejandro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e comerciante. Colaborou en diversas revistas e xornais galegos. É autor de varias narracións breves. A súa peza dramática, A tola xuiciosa, recibiu o Premio de Teatro Abrente de Ribadavia en 1974.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Propietario rendista, foi deputado pola sección de Xinzo de Limia (1865-1866), polos distritos de Redondela (1889-1890) e Valdeorras (1893-1895), e senador pola provincia de Ourense (1898-1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Os seus primeiros éxitos foron La velá de San Juan e María de la O. Con Rafael de León compuxo cancións, zarzuelas, sainetes e comedias, e popularizou a canción española. Tamén colaborou con Xandro Valerio, José Antonio Ochaíta, Salvador Valverde e Antonio Quintero cos que creou temas tan populares como Ay, pena, penita, Ojos verdes e Te he de querer mientras vivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso xesuíta. Amigo e mestre do padre Isla, das súas obras destacan Noticia de la vida y virtudes del Venerable P. Durati de la Compañía de Jesús (1720), Cursus Philosophici Regales Collegii Salmanticensis Societatis Jesu in tres partes divisi (1724-1735) e a poesía satírica Sátira contra los malos escritores de este siglo (1741), baixo o pseudónimo de Jorge Pitillas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi bispo de Mondoñedo (1761-1779) e impulsou a reforma do seminario da diocese, que comezou coa construción dun novo edificio. Contou coa axuda económica de Xosé Martínez Arce, ex-arcediago de Trasancos, a cambio de abrir no seminario unha escola para nenos, e conseguiu tamén a incorporación dos estudios de filosofía e teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, conde de Fontao. Na Guerra da Independencia (1808-1814) representou a nobreza e a cidade de Mondoñedo na Xunta Superior de Galicia e foi alcalde de Mondoñedo (1812). Participou no Pronunciamento Militar de 1820 (Ferrol). Foi deputado (1820-1821 e 1834-1838), presidente do Senado (1837), senador (1840-1841 e 1844-1845), ministro da Gobernación do Reino da Península e Illas Adxacentes (1822), de Fomento Xeral do Reino (1834-1835) e gobernador de Lugo (1833). Defendeu o liberalismo pero situou a monarquía como eixe vertebrador do sistema político. Promoveu a educación de párvulos, de deficientes e de cegos, e participou na creación das Escolas Normais a partir da Escola Normal Central de Mestres de Madrid de 1839.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Publicou Legitimidad de la Reina de españa Dª Isabel II de Borbón (1855) e diversos tratados didácticos, como Ábaco aritmético o nuevo sistema de cálculo numérico y en gran parte mecánico (1864), Redutor métrico y dicionario metrológico en español, inglés y norteamericano (1873) e Redutor métrico (de tipos y precios), seguido de un dicionario metrológico (1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Quiroga, onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca homónima, situado ao SL da provincia de Lugo e ao L da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 28’ de latitude N e 7° 14’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Folgoso do Courel (comarca de Quiroga); ao S cos de Ribas de Sil (comarca de Quiroga) e A Pobra de Trives e Manzaneda (comarca da Terra de Trives); ao L cos de Vilamartín de Valdeorras, A Rúa e Larouco (os tres da comarca de Valdeorras) e coa provincia de León; e ao O cos da Pobra do Brollón (comarca de Terra de Lemos) e Ribas de Sil (comarca de Quiroga). Abrangue unha superficie de 317,4 km 2 , cunha poboación de 3.939 h (2007), distribuída entre as parroquias de Augas Mestas, Bendilló, Bendollo, Bustelo de Fisteus, Cereixido, A Enciñeira, A Ermida, Fisteus, O Hospital, Montefurado, Nocedo, Outeiro, Pacios da Serra, Paradaseca, Quintá de Lor, Quiroga, A Seara, Sequeiros, Vilanuíde, Vilar de Lor, Vilarmel e Vilaster. A súa capital é a vila de Quiroga, localizada 86 km...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora, filla de Xosé Quiroga Velarde, conde de San Martín de Quiroga. Vinculada a Galicia e con influencias de E. Pardo Bazán, nas súas obras presenta a temática da disolución da baixa nobreza rural e as relacións entre os señores e os criados. Escribiu La soledad sonora (1949), Viento del Norte (1950, Premio Nadal de Novela), La otra ciudad (1953), Tristura (1960, Premio de la Crítica Española), Presente profundo (1973) e Se acabó todo, muchacha triste (1977). Foi membro da Real Academia Española (1984). Recibiu a Medalla Castelao (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Coñecido como Frei Xosé Francisco Jesús María, cursou estudos eclesiáticos ata doutorarse na Universidad de Salamanca. Ocupou posteriormente unha coenxía en Toledo. Tomou o hábito dos carmelitas descalzos en 1595 e foi nomeado cronista xeral da orde. En 1604 confióuselle o priorado da Casa de Toledo e en 1618 nomeárono xeneral da orde. Recompilou e editou os escritos de san Xoán da Cruz por primeira vez, aos que engadiu unha biografía. Das súas obras relixiosas e teolóxicas destacan Excelencias de la castidad (1601), Historia de Santa Catalina (1608), Vida de San José (1613) e Historia de la vida y excelencias de la Santa Virgen María (1652).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Membro do corpo facultativo superior de Arquivos da Xunta de Galicia, foi xefe do servizo de Museos e Arquivos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (1988-1994) e xefe de sección do Arquivo do Reino de Galicia (1994-1996), que dirixiu desde 1996. Das súas publicacións destacan Evolución dunha estrutura agraria na Galicia interior: a terra de Viana do Bolo, 1600-1820 (1988), Real Audiencia de Galicia: catálogo de expedientes de veciños (2002) e Arquivo renovado: Arquivo do Reino de Galicia: exposición (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador e administrador. Foi paxe de Beatriz de Castro, condesa de Lemos e en 1535 trasladouse a Perú. Participou na pacificación de Lima e Cuzco e na conquista dos chunchos. Uniuse a Pedro de Valdivia na conquista de Chile. En Santiago del Nuevo Extremo foi alcalde (1548; 1560), rexidor (1549) e tenente de gobernador e capitán xeneral (1550-1555; 1558). Gobernador interino de Chile (1565-1567), en 1575 outorgáronlle en propiedade o cargo de gobernador. Foi cabaleiro de Santiago desde 1573.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político, I conde de Quiroga-Ballesteros, fillo de Benigno Quiroga López-Ballesteros. Licenciado en Dereito, formou parte do Partido Liberal. Foi deputado polo distrito de Quiroga durante tres lexislaturas (1907-1926) e polo de Lugo durante catro lexislaturas (1916-1923), secretario primeiro do Congreso (1914) e subsecretario do ministerio de Graza e Xustiza (1912 e 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. De nome Héitor González Gutiérrez, desenvolveu o seu labor en diversos países de Hispanoamérica, ata que en 1960 regresou a España para interpretar un papel secundario en Pecado de amor (1961). A partir dese momento participou en diversas producións españolas, como Crimen de doble filo (1964) e La busca (1966), e estranxeiras, como 55 Days at Peking (1963) e Doctor Zhivago (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e militar. Ingresou na Armada como gardamariña en Ferrol, pero en 1808 pasou ao exército de terra para combater na Guerra da Independencia. Acadou o grao de xeneral e apoiou o Pronunciamento de Las Cabezas de San Juan de del Riego (1820). Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e vicepresidente nas Cortes. Defendeu a capitalidade da provincia para A Coruña e Pontevedra. Durante o Trienio Liberal (1820-1823) foi mariscal de campo. Exiliado en Londres durante a Dédada Ominosa (1823-1833), á súa volta (1834) ascendeu a tenente xeneral e foi capitán xeneral de Castela a Nova. Foi elixido deputado (1836-1838) e senador (1837-1838) pola provincia da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, pai de Joaquín Quiroga Espín. Formado en enxeñaría de montes e dereito, pertenceu ao Partido Liberal e pactou cos conservadores para que ambos os dous tivesen sempre representación nas Cortes polo distrito de Lugo. Foi deputado por Lugo (1881-1887 e 1891-1907) e por Daimiel (1907-1908). Director xeral de Obras Públicas (1893), subsecretario de Ultramar (1897) e subsecretario de Gobernación (1901), foi director xeral de Administración e Fomento de Filipinas, e ministro de Gobernación (1906). A súa notoriedade naceu coa súa xestión de Filipinas, caracterizada por certo liberalismo.
VER O DETALLE DO TERMO