"Raja" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • Lugar do municipio e Comunidad Autónoma de Madrid, onde se localiza o aeroporto comercial da capital de España, de categoría internacional. Ata a construción do aeródromo, a vila de Barajas constituía un dos lugares de recreo da periferia madrileña e tiña concello propio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en 1572 a Francisco Zapata de Calatayud e de Cisneros, sobriño do cardeal Cisneros. A partir de 1723 pasou a ser propiedade dos marqueses de Guadalcázar, dos marqueses de Estepa, dos condes de Fernán Núñez, dos condes de Cervelló e dos marqueses de Almonesir, Grandes de España dende o 1921.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tapa picante, típica das Islas Canarias, feita con fígado de vacún picado, asado e macerado en mollo verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, sociólogo e director televisivo. Licenciado en Socioloxía pola Universidad Complutense de Madrid, foi xefe de comunicación na consellería de Cultura e Deportes (1986-1990). Colaborador en diversas publicacións (La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País, Claves) e conferenciante en diversas universidades e centros académicos, impulsou a edición en galego de O Correo da Unesco (1990). Como autor teatral publicou Almas perdidas (1987) e Pedro e o lobo (1989); no eido da poesía tirou do prelo o poemario Historia de Abbadón (Premio Leliadoura, 1991) e, dentro da narrativa, é autor, entre outras obras, de Las diosas vírgenes (1985), Non te chamarei Ramón (1992), Ciencia de facer as camas (1994), Os nervios da cabeza (Premio Cidade de Lugo, 1994), Paula e as palabras que levou o vento (1994), Esas rapazas chegarán moi alto (1995) e Neve reneve (1995). Tamén é autor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra austríaco. Dirixiu a Staatsoper de Berlín (1939-1944), a orquestra sinfónica de Viena, a orquestra filharmónica de Berlín (1955-1989) e a Staatsoper de Viena (1956-1964). Desde 1965 dirixiu o festival de Salzburgo. Gravou moitos discos, especialmente de Beethoven e outros autores románticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título dos príncipes soberanos de India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico xeorxiano. Coñecido como Sergei Paradjanov, obtivo unha gran repercusión internacional grazas ao tratamento visual onírico e barroco do filme Teni zabytych predkov (A sombra dos devanceiros olvidados, 1964). Da súa filmografía posterior destacan Sayat Nova (A cor da milgranda, 1969), Legenda o Suramskoj kreposti (A lenda da fortaleza de Suram, 1984) e Ashugi Qaribi (A antiga lenda do Cáucaso, 1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado entre o Eresma e o Cega, ambos os dous afluentes do Douro (3.258 h [2001]). A agricultura e a explotación forestal son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe o Iśvara (o Señor) do Vedānta na literatura dos Brāhmana e que corresponde ao Puru ṣ a supremo da tradición védica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nova capital administrativa de Malaisia creada en 1999 en subsitución de Kuala Lumpur, que conserva as funcións financeiras e comerciais. Territorio federal, está incluído no estado de Selangor. É un modelo de cidade xardín, situada á beira do lago homónimo, en que destacan as infraestruturas e as comunicacións. Espérase que para o 2012 acade unha poboación de 330.000 h.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes condritios da familia dos raíidos ao que pertencen as raias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Andhra Pradesh, India, situada ao comezo do delta do río Godāvari (326.071 h [1991]). A súa industria, de ámbito meramente local, redúcese á fabricación de papel e cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da illa de Borneo que nace nas montañas de Batu Tiban e desemboca, tras un percorrido de 660 km, no mar da China Meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada ao pé dos Ghates Occidentais (114.042 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India, situado ao NO do país (342.239 km2; 56.473.122 h [2001]). A súa capital é Jaipur. Está atravesado de NL a SO polos montes Arāvalli Parvata, que separan o deserto de Thar das altas estepas do L, drenadas polos ríos Mahi e Chambal. A súa parte occidental, moi árida, está practicamente deshabitada, mentres que a oriental é unha rexión de chuvias suficientes e nela concéntrase a poboación e a maior parte dos cultivos. O resto do país dedícase á cría de ovellas, cabras e camelos, e a cultivos de millo miúdo e garavanzos. Conta con abundantes recursos mineiros, producindo preto do 80% do xeso do país. Constituído inicialmente (1949) por dezanove dos estados de Rājputānā, foille anexionado en 1956 o de Ajmer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estado de Rājasthān e á súa lingua.

    2. Natural ou habitante do estado de Rājasthān.

    3. Lingua indoiraniana occidental falada no Rājasthān e na banda occidental de Madhya Pradesh. Os seus dialectos principais son o jaipuri, o marwari, o mewati e o malvi. A súa literatura trata epicamente os temas do amor, o valor e o menosprezo á morte dos rajputs. Entre os seus autores principais destacan Kallola (s XV), Aśananda (s XVI) e Suryamal Miśran (s XIX). Co tempo cantáronse nel os poemas de Mirabai, famosa devota de Kriṣhna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor indio. Hinduísta, formouse nas universidades de Montpellier e París. Publicou Kanthapura (1938), Ganga and Her Sisters (1937), The Serpent and the Rope (1960), The Chessmaster and his Moves (1988) e On the Ganga Ghat (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar o 23 de outubro de 1086 nas ribeiras do río Zapatón, preto de Badajoz, entre o exército almorábide e Afonso VI, aliado con Sancho Ramírez de Aragón e con Álvar Háñez de València. A vitoria de Yūsuf ibn Tašfīn significou a posibilidade da entronización almorábide na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado no sector meridional da illa de Gran Canaria (34.515 h [2001]). A economía baséase no turismo. No termo atópase a estación de seguimento espacial (Maspalomas) e o xacemento arqueolóxico de Arteara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado ao SL da illa de Gran Canaria (47.652 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO