Cermeño Baraja, Xosé Carlos
Escritor, sociólogo e director televisivo. Licenciado en Socioloxía pola Universidad Complutense de Madrid, foi xefe de comunicación na consellería de Cultura e Deportes (1986-1990). Colaborador en diversas publicacións (La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País, Claves) e conferenciante en diversas universidades e centros académicos, impulsou a edición en galego de O Correo da Unesco (1990). Como autor teatral publicou Almas perdidas (1987) e Pedro e o lobo (1989); no eido da poesía tirou do prelo o poemario Historia de Abbadón (Premio Leliadoura, 1991) e, dentro da narrativa, é autor, entre outras obras, de Las diosas vírgenes (1985), Non te chamarei Ramón (1992), Ciencia de facer as camas (1994), Os nervios da cabeza (Premio Cidade de Lugo, 1994), Paula e as palabras que levou o vento (1994), Esas rapazas chegarán moi alto (1995) e Neve reneve (1995). Tamén é autor das obras de carácter gastronómico O sabor dos Vilas (1993) e A cociña popular (1993). Foi director e guionista da primeira serie de ficción enteiramente producida en Galicia (Os outros feirantes, 1990), baseada en textos de Álvaro Cunqueiro, e creador da primeira telecomedia galega Pratos combinados (1995-2001); co-autor e guionista dos programas da TVG O mellor (1986-1987) e A tumba aberta (1987); director e guionista de Arroz con chícharos (1990-1993) e creador da teleserie Avenida de América (2000-2001), todos eles para a TVG. Dirixiu e realizou o guión de Oporto/Santiago (1991), finalista no Festival de Vídeo e Televisión de Nova York en 1992. Entre outros premios, recibiu o Pedrón de Ouro e os xornalísticos Álvaro Cunqueiro e Julio Camba.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña