"Rajoy" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • GALICIA

    Político e xurista, neto de Enrique Rajoy Leloup. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e rexistrador da propiedade, foi deputado no Parlamento Galego por Alianza Popular (1981-1985), concelleiro de Pontevedra (1983), presidente da Deputación de Pontevedra (1986), vicepresidente da Xunta de Galicia (1986-1987) e presidente de AP en Pontevedra (1987-1991). Deputado no Congreso desde 1989, foi ministro de Administracións Públicas (1996-1999), ministro de Educación e Cultura (1999-2000), vicepresidente primeiro do goberno e ministro de Interior (2001-2002) e vicepresidente primeiro do goberno, ministro Portavoz e ministro da Presidencia (2002-2003). Membro do comité executivo do PP desde 1989, foi secretario xeral do partido (2003-2004) e en 2004 elixírono presidente nacional. Foi candidato á presidencia do goberno en 2004. Escribiu Administración única (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Licenciado en Dereito (1910), foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Concelleiro de Santiago de Compostela (1931), promoveu o desenvolvemento autonómico de Galicia durante a Segunda República. Foi secretario da Comisión Redactora do Estatuto de Galicia (1932) e do Comité Central de Autonomía de Galicia (1932-1936). Defendeu a autonomía como forma política porque permitía un control máis directo e efectivo do pobo. Foi decano do Colexio de Avogados compostelán. Escribiu Pluralidad objetiva del delito producida por el mismo sujeto (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arcebispo de Santiago de Compostela (1751-1771). Formouse en leis na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na Real Audiencia da Coruña. Abandonou as leis e seguiu a carreira eclesiástica e obtivo a penitenciaría da catedral de Ourense, a doutoural da catedral de Lugo e ambos os dous postos na catedral de Santiago de Compostela, onde foi vigairo capitular e comisario xeral da cruzada. Tamén foi capelán maior do rei católico e da súa real capela, casa e corte; xuíz ordinario, notario maior do Reino de León e conselleiro real. En Madrid promoveu a Congregación de Naturais e Orixinais de Galicia en 1741. Nomeado arcebispo de Santiago de Compostela en 1751, realizou numerosas obras de caridade e mandou construír o Seminario de Confesores (sede do concello de Santiago de Compostela) e o convento da Compañía de María, reedificar a capela de don Lope na catedral de Santiago de Compostela e ampliar o pazo arcebispal. Ademais mandou edificar o pazo de Lestrobe a a reconstruír...

    VER O DETALLE DO TERMO