Rajoy Brey, Mariano
Político e xurista, neto de Enrique Rajoy Leloup. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e rexistrador da propiedade, foi deputado no Parlamento Galego por Alianza Popular (1981-1985), concelleiro de Pontevedra (1983), presidente da Deputación de Pontevedra (1986), vicepresidente da Xunta de Galicia (1986-1987) e presidente de AP en Pontevedra (1987-1991). Deputado no Congreso desde 1989, foi ministro de Administracións Públicas (1996-1999), ministro de Educación e Cultura (1999-2000), vicepresidente primeiro do goberno e ministro de Interior (2001-2002) e vicepresidente primeiro do goberno, ministro Portavoz e ministro da Presidencia (2002-2003). Membro do comité executivo do PP desde 1989, foi secretario xeral do partido (2003-2004) e en 2004 elixírono presidente nacional. Foi candidato á presidencia do goberno en 2004. Escribiu Administración única (1993).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela