"Reboreda" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Redondela baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un carballo de sinople. Outra variante presenta, en campo de prata, unha cruz floreteada de sinople, acompañada de catro cruces gregas de goles, unha en cada cantón; bordo de azul, cargada de tres flores de lis de prata, colocadas unha en xefe e unha en cada flanco, alternando con cinco cunchas de vieira de prata, colocadas unha en cada cantón do escudo e unha na punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cabanelas (O Carballiño). Á obra orixinal do s XVI engadíuselle outras edificacións. Ten planta cadrada con cuberta a dúas augas. No exterior ten unha escaleira que leva ata unha solaina sostida por columnas rematadas en zapatas decoradas cos escudos dos Losada e Ribadeneira. Conta cunha capela nas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Reboreda (Redondela). É obra de finais do s XVII con reformas posteriores. Ten dúas partes diferenciadas, con acceso por dous portóns da fachada principal. A unha delas accédese a través do pórtico onde se sitúa a escaleira e conta cun patio rectangular con decoracións na balaustrada e nos capiteis. Nesta parte hai unha torre que foi reformada. A outra zona conserva a súa estrutura orixinal. A través do portalón accédese a un patio desde o que se sube á planta principal polo patín. A casa comunícase por un pasadizo coa igrexa parroquial. Os escudos, situados sobre os portóns, aluden aos Troncoso, Lira, Mondragón e Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO