Reboreda, pazo de

Reboreda, pazo de

Construción situada en Reboreda (Redondela). É obra de finais do s XVII con reformas posteriores. Ten dúas partes diferenciadas, con acceso por dous portóns da fachada principal. A unha delas accédese a través do pórtico onde se sitúa a escaleira e conta cun patio rectangular con decoracións na balaustrada e nos capiteis. Nesta parte hai unha torre que foi reformada. A outra zona conserva a súa estrutura orixinal. A través do portalón accédese a un patio desde o que se sube á planta principal polo patín. A casa comunícase por un pasadizo coa igrexa parroquial. Os escudos, situados sobre os portóns, aluden aos Troncoso, Lira, Mondragón e Soutomaior.

Palabras veciñas

Reboreda | Reboreda | Reboreda, pazo de | Reboreda, pazo de | Reboredo | Reboredo | Reboredo