Reboreda
Reboreda
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un carballo de sinople. Outra variante presenta, en campo de prata, unha cruz floreteada de sinople, acompañada de catro cruces gregas de goles, unha en cada cantón; bordo de azul, cargada de tres flores de lis de prata, colocadas unha en xefe e unha en cada flanco, alternando con cinco cunchas de vieira de prata, colocadas unha en cada cantón do escudo e unha na punta.