"Reboredo" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • GALICIA

    Crego. Cursou estudios nos seminarios menor e maior de Santiago de Compostela. Foi ordenado sacerdote o 13 de agosto de 1961. Ampliou os seus estudios eclesiásticos na Universidad Pontificia de Salamanca. Licenciouse en Ciencias Exactas pola Universidade de Santiago de Compostela. Principiou o seu labor apostólico como coadxutor na parroquia urbana de San Xosé da Coruña. Despois incorporouse ao profesorado do seminario menor de Santiago. Foi nomeado pro-vicario xeral da arquidiocese compostelá e, en 1983, cóengo da SAMI Catedral de Santiago. O 1 de setembro de 1984 foi nomeado bispo de Osma-Soria. O 14 de maio de 1987 publicouse a súa designación como bispo de Ourense, diocese da que tomou posesión solemne o 27 de xuño seguinte. O 7 de xuño de 1996 converteuse en bispo de Tui-Vigo. Tomou posesión da diocese na catedral de Tui, o 14 de xullo de 1996, e o 19 de xullo fixo a súa entrada na concatedral de Santa María de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1974) e catedrático de bacharelato (1980), foi xefe da sección de Etnografía e Folklore do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. O seu labor investigador centrouse na prehistoria e etnografía galegas. Das súas obras destacan Lendas galegas de tradición oral (1983), Entroido en Galicia (1987), en colaboración con X. R. Mariño Ferro, Antropología y Etnografía de las proximidades de la Sierra de Ancares (1990), en colaboración con X. Rodríguez Campos e C. Gonzalez Pérez, Sociedade e tecnoloxía tradicional do val de Ancares (1996), en colaboración con C. Gonzalez Pérez, e La invención del estado nación (2001). É membro correspondente da Real Academia Galega, da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega e da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Baleo que nace na parroquia das Neves e desemboca na de Devesos (Ortigueira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oza dos Ríos baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que presenta, en campo de ouro, un barril de goles, superado de tres estrelas de azul colocadas en faixa en xefe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xardineiro. Introduciu e aclimatou, no terreo do marqués de Santa Cruz, sementes, flores e froiteiras que procedían de Francia. Contou cun establecemento de plantas en Santiago de Compostela. Recibiu o título de cabaleiro da Orde Civil del Mérito Agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (A Coruña?) Arquitecto. Formouse na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona. Desde 1977 é profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Os seus primeiros traballos dirixíronse ao planeamento urbano e á ordenación do territorio, como o estudo sobre o impacto sobre o territorio da Autopista de Atlántico. Realizou a rehabilitación do cuartel da rúa do Hórreo para sede do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela (1987, Premio Julio Galán Carvajal en 1991) e, xunto con Albert Pineda, o Hospital Marítimo de Oza na Coruña (1995-1997, Premio Julio Galán Carvajal en 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, participou en diversas campañas arqueolóxicas na comunidade galega. Escribiu, entre outras, Guía dos castros de Galicia (2000) e Castelao e nós (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Sabuguido (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.050 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Paleo (Carral). Trátase dunha construción en forma de L cunha torre de planta cadrada e ameada nun dos lados. Construíuse en cahotaría agás os esquinais, ocos e cornixas, realizados en cantaría. Está amurallada e rodeada de xardíns. Destaca o escudo con cimeira e dividido en catro cuarteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota). O seu cumio acada os 531 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo e escritor. Colaborou en diversas publicacións, como Anthropos, Insula, Cuadernos Hispanoamericanos e Revista de Occidente. Dos seus traballos destacan unha Selección de artículos (1982), de Larra, Palabras tachadas (1988), El silencio y la música (Premio Anxel Fole 1989) e a guía de lectura La verdad sobre el caso Savolta de Eduardo Mendoza (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO