Reboredo, pazo de
Reboredo, pazo de
Construción situada en Paleo (Carral). Trátase dunha construción en forma de L cunha torre de planta cadrada e ameada nun dos lados. Construíuse en cahotaría agás os esquinais, ocos e cornixas, realizados en cantaría. Está amurallada e rodeada de xardíns. Destaca o escudo con cimeira e dividido en catro cuarteis.