"Recife" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

    1. Conxunto de materiais como pedras ou sedimentos finos en ambientes mariños, dispostos a rentes da auga ou moi preto da superficie, que supoñen un risco para a navegación.

    2. Formación calcaria, viva ou fósil, orixinada fundamentalmente polos corpos de organismos sedentarios como corais hermatípicos, escleractinias e algas coralinas. Estes ecosistemas mariños de alta produtividade e biodiversidade son propios de mares tropicais pouco fondos, xa que requiren luz para as zooxantelas que viven asociadas nos tecidos dos corais, entre os 30° norte e 30° sur de latitude, a pouca profundidade. Tardan en formarse miles de anos e sofren un importante deterioro tanto polos cambios de temperatura das augas mariñas como por fertilizantes e pesticidas que chegan a eles dende os continentes.

    3. Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa, illando un lagoon ancho e fondo entre eles e a costa.

    4. Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa sen lagoon ou cun lagoon pequeno e estreito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da illa de Lanzarote, na provincia de Las Palmas, Islas Canarias (38.091 h [1996]). Debido ao aproveitamento dos seus recursos trátase dun importante centro agrícola; así mesmo, aséntase no seu territorio unha importante industria conserveira e salinas. Dende 1984 é sede dun centro de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Pernambuco, Brasil (1.421.947 h [2000]). Está situada na costa atlántica, nunha chaira aluvial, na desembocadura dos ríos Capiberibe e Beribe. É un importante porto de mar, cunha gran barreira de coral que dá nome á cidade. Posúe industrias químicas, téxtiles, de calzado, de papel e de tabaco. Fundada en 1526 por colonos portugueses, medrou notablemente coa economía azucreira e sobre todo cando os holandeses ocuparon Pernambuco (1624) e decretaron a liberdade de comercio (1634). Os portugueses reconquistárona en 1654, pero atopouse coa competencia de Olinda, capital interina de Pernambuco. En 1710 estalou a guerra civil, que acabou coa intervención da coroa. Sede de numerosas revoltas durante o s XIX, a decadencia azucreira enfrontouna cos núcleos azucreiros do centro e do S de Brasil. Denominouse tamén Pernambuco.

    VER O DETALLE DO TERMO