arrecife

arrecife

(< ár ar-rasīf ‘a calzada’)

  1. s m

    Conxunto de materiais como pedras ou sedimentos finos en ambientes mariños, dispostos a rentes da auga ou moi preto da superficie, que supoñen un risco para a navegación.

    Sinónimos: escollo, baixío. Confrontacións: farallón.
  2. arrecife coralino [BIOL/XEOG]

    Formación calcaria, viva ou fósil, orixinada fundamentalmente polos corpos de organismos sedentarios como corais hermatípicos, escleractinias e algas coralinas. Estes ecosistemas mariños de alta produtividade e biodiversidade son propios de mares tropicais pouco fondos, xa que requiren luz para as zooxantelas que viven asociadas nos tecidos dos corais, entre os 30° norte e 30° sur de latitude, a pouca profundidade. Tardan en formarse miles de anos e sofren un importante deterioro tanto polos cambios de temperatura das augas mariñas como por fertilizantes e pesticidas que chegan a eles dende os continentes.

    Sinónimos: biohermio, biostromo. Confrontacións: atol.
  3. arrecife de barreira [BIOL/XEOG]

    Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa, illando un lagoon ancho e fondo entre eles e a costa.

  4. arrecife de franxa [BIOL/XEOG]

    Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa sen lagoon ou cun lagoon pequeno e estreito.

Palabras veciñas

arrecender | arrecendo | arrecer | arrecife | Arrecife | arreconchegado -da | arreconchegar