arreconchegar
arreconchegar
-
v t
Poñer a moi pouca distancia unha cousa ou persoa doutra.
Ex: Arreconchegou os pés á calefacción para quentalos.
Sinónimos: acaroar, acercar, achegar, aconchegar, aproximar, arrimar, achegar. Antónimos: afastar, apartar, arredar. -
v pron
Poñerse máis preto.
Ex: Arreconchegouse á cociña de ferro para quentarse.
-
v pron
Convivir unha parella sen estaren casados.
-
v pron
Colocarse nunha posición de máis comodidade.
Ex: Arreconchegueime na hamaca e durmín rapidamente.