arreconchegar

arreconchegar
  1. v t

    Poñer a moi pouca distancia unha cousa ou persoa doutra.

    Ex: Arreconchegou os pés á calefacción para quentalos.

    Sinónimos: acaroar, acercar, achegar, aconchegar, aproximar, arrimar, achegar. Antónimos: afastar, apartar, arredar.
  2. v pron

    Poñerse máis preto.

    Ex: Arreconchegouse á cociña de ferro para quentarse.

  3. v pron

    Convivir unha parella sen estaren casados.

  4. v pron

    Colocarse nunha posición de máis comodidade.

    Ex: Arreconchegueime na hamaca e durmín rapidamente.

Palabras veciñas

arrecife | Arrecife | arreconchegado -da | arreconchegar | arreconchego | arrecuar | arrecunchar