achegar
-
v t
Poñer unha cousa ou persoa máis próxima a outra para reducir a distancia que as separa e mesmo conseguir que se toquen.
Ex: Achegou a cadeira á mesa para comer con comodidade. Achégame o cativo que quero aloumiñalo.
Sinónimos: acercar, aconchegar, aproximar, arrimar, chegar. Antónimos: afastar, apartar, arredar, desarrimar, separar. -
v pron
Poñerse máis próximo a algo ou alguén para reducir a distancia e mesmo poder tocalo.
Ex: Achégate a el e dálle un bico de benvida. Achegueime á fonte para tomar auga.
- v t Antónimos: espallar.
-
v t
Contribuír cunha cantidade determinada para sufragar os gastos habidos.
Ex: O concello achegou cen millóns de pesetas para o inicio das obras no peirao.
-
v t
Presentar un ou varios documentos xunto con outros para complementar esa documentación.
Ex: O solicitante tamén achegou as certificacións oportunas para opositar.
Sinónimos: acompañar, xuntar. Confrontacións: engadir. -
v t
Proporcionar algo para contribuír a unha causa determinada.
Ex: O detective achegoulle todas as probas que tiña ó seu cliente.
Confrontacións: acumular. -
v pron
Poñerse baixo a protección de alguén, xeralmente para tirar algún beneficio.
Ex: A súa ansia de poder fixo que se achegara á xente influínte e poderosa.
-
v pron
Unirse unha parella en vida conxugal sen ter formalizada a súa relación ante a lei.
Ex: O Xosé e mais a Carmo acabaron por achegarse.
-
v pron
Ir ao encontro de alguén. OBS: Emprégase seguido da preposición por.
Ex: Xa estamos aquí, menos mal que fun achegar por ela.
-
v pron
Desprazarse a un lugar concreto e próximo de onde se está situado.
Ex: Achégate ó colexio para esperar o neno.
-
s
m
Persoa que convive con outra sen estar casada.
- s m
-
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘excremento’.
Citas
- O achego entre eles rematou en ruptura.
Frases feitas
-
Achegar a albarda. Zouparlle a alguén. Ex: Miña nai achegoume a albarda por non querer almorzar.
-
Achegar a porta. Entornala.
-
Achegarse á parede. Ouriñar.
-
Achegarse ás paredes. Ir bébedo. Ex: Cando saíu do bar achegábase ás paredes, non sei como deu chegado á casa.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles achego
achegas
achega
achegamos
achegades
achegan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles achegaba
achegabas
achegaba
achegabamos
achegabades
achegaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles acheguei
achegaches
achegou
achegamos
achegastes
achegaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles achegara
achegaras
achegara
achegaramos
achegarades
achegaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles achegarei
achegarás
achegará
achegaremos
achegaredes
achegarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles achegaría
achegarías
achegaría
achegariamos
achegariades
achegarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles achegue
achegues
achegue
acheguemos
acheguedes
acheguen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles achegase
achegases
achegase
achegasemos
achegasedes
achegasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles achegar
achegares
achegar
achegarmos
achegardes
achegaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
achega
-
-
achegade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles achegar
achegares
achegar
achegarmos
achegardes
achegaren
achegada
achegados
achegadas