achego

achego
  1. s m

    Situación daquelas parellas que conviven sen estar legalmente casadas.

    Ex: O achego entre eles rematou en ruptura. 

  2. s m

    Persoa que convive con outra sen estar casada.

    Ex: Alugaron un piso e agora vive co seu achego. 

  3. s m
    1. Agarimo en forma de protección que se lle ofrece a unha persoa querida.

    2. Afecto e cariño que se manifesta por unha persoa, un animal ou un ser querido.

  4. s m

    Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘excremento’.

Frases feitas

  • Fillo de achego. Fillo ilexítimo nacido fóra do matrimonio.

Palabras veciñas

achegamento | achegar | achegar | achego | acheirar | acheite | Acheng