achegar

achegar

(< a + chegar)

  1. v t

    Poñer unha cousa ou persoa máis próxima a outra para reducir a distancia que as separa e mesmo conseguir que se toquen.

    Ex: Achegou a cadeira á mesa para comer con comodidade. Achégame o cativo que quero aloumiñalo. 

    Sinónimos: acercar, aconchegar, aproximar, arrimar, chegar. Antónimos: afastar, apartar, arredar, desarrimar, separar.
  2. v pron

    Poñerse máis próximo a algo ou alguén para reducir a distancia e mesmo poder tocalo.

    Ex: Achégate a el e dálle un bico de benvida. Achegueime á fonte para tomar auga. 

  3. v t Antónimos: espallar.
    1. Amontoar terra aos pés das plantas para darlles máis vigor.

    2. Xuntar varias cousas nunha morea.

      Ex: Achegaron os libros para colocar no andel. 

      Sinónimos: amontoar, amorear. Antónimos: espallar.
  4. v t

    Contribuír cunha cantidade determinada para sufragar os gastos habidos.

    Ex: O concello achegou cen millóns de pesetas para o inicio das obras no peirao. 

  5. v t

    Presentar un ou varios documentos xunto con outros para complementar esa documentación.

    Ex: O solicitante tamén achegou as certificacións oportunas para opositar. 

    Sinónimos: acompañar, xuntar. Confrontacións: engadir.
  6. v t

    Proporcionar algo para contribuír a unha causa determinada.

    Ex: O detective achegoulle todas as probas que tiña ó seu cliente. 

    Confrontacións: acumular.
  7. v pron

    Poñerse baixo a protección de alguén, xeralmente para tirar algún beneficio.

    Ex: A súa ansia de poder fixo que se achegara á xente influínte e poderosa. 

  8. v pron

    Unirse unha parella en vida conxugal sen ter formalizada a súa relación ante a lei.

    Ex: O Xosé e mais a Carmo acabaron por achegarse. 

  9. v pron

    Ir ao encontro de alguén. OBS: Emprégase seguido da preposición por.

    Ex: Xa estamos aquí, menos mal que fun achegar por ela. 

  10. v pron

    Desprazarse a un lugar concreto e próximo de onde se está situado.

    Ex: Achégate ó colexio para esperar o neno.

Frases feitas

  • Achegar a albarda. Zouparlle a alguén. Ex: Miña nai achegoume a albarda por non querer almorzar.

  • Achegar a porta. Entornala.

  • Achegarse á parede. Ouriñar.

  • Achegarse ás paredes. Ir bébedo. Ex: Cando saíu do bar achegábase ás paredes, non sei como deu chegado á casa.

Palabras veciñas

achegado -da | achegamento | achegar | achegar | achego | acheirar | acheite
Conxugar
VERBO achegar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
achego
achegas
achega
achegamos
achegades
achegan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
achegaba
achegabas
achegaba
achegabamos
achegabades
achegaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acheguei
achegaches
achegou
achegamos
achegastes
achegaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
achegara
achegaras
achegara
achegaramos
achegarades
achegaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
achegarei
achegarás
achegará
achegaremos
achegaredes
achegarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
achegaría
achegarías
achegaría
achegariamos
achegariades
achegarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
achegue
achegues
achegue
acheguemos
acheguedes
acheguen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
achegase
achegases
achegase
achegasemos
achegasedes
achegasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
achegar
achegares
achegar
achegarmos
achegardes
achegaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
achega
-
-
achegade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
achegar
achegares
achegar
achegarmos
achegardes
achegaren
Xerundio achegando
Participio achegado
achegada
achegados
achegadas