apartar
(< parte)
-
v t
Desprazar un obxecto para un lugar determinado co gallo de deixar paso libre.
Ex: Apartaron os pneumáticos queimados da folga e o tren puido atravesar a vía.
Sinónimos: afastar, arredar. Antónimos: acercar, achegar, achegar. -
v t
Colocar algo ou alguén a moita distancia, moi lonxe.
Ex: Aparta a tixola do lume antes de botar o peixe que vas fritir.
Sinónimos: afastar, arredar. Antónimos: acercar, achegar, achegar. Confrontacións: quitar, sacar. -
v t
Axudar a unha persoa a que abandone unha actividade determinada que, en xeral, resulta nociva ou negativa para si mesma.
Ex: Pretenden apartalo da rúa como primeira medida para evitar esas malas compañías.
-
v t
Ocasionar o abandono ou a deixadez nunha persoa.
Ex: A súa responsabilidade política apartouno dos seus amigos.
-
v t
Establecer diferencias de carácter ideolóxico, afectivo ou de calquera outro tipo entre dúas persoas máis ou menos próximas.
Ex: A medida que os foi apartando, melloraron a relación entre todos.
-
v t
Favorecer que dúas ou máis persoas deixen a discusión ou a pelexa.
Ex: Tralo accidente de circulación, Alex tivo que apartar os dous condutores.
Sinónimos: separar. Antónimos: acirrar, encirrar. -
v t
Colocar algo ou alguén á parte.
Ex: Aparteiche os libros de historia que querías mercar.
Antónimos: acercar, achegar, aproximar, achegar. -
v i e pron
Desprazar ou desprazarse para un lugar determinado, tentando deixar un espazo ou paso libre.
Ex: Aparteime a un lado para que puidera continuar a ambulancia.
-
v i e pron
Situar ou situarse máis lonxe ca o punto que tomamos como referencia.
Ex: Apartouse porque do contrario teríao tirado contra o chan.
-
v i e pron
Perder ou perderse a proximidade e contacto entre dúas ou máis persoas.
Ex: Despois daquela forte discusión, apartáronse e xa non volveron ser amigos.
-
v i e pron
Deixar ou afastarse dun modo de vida, de comportamento ou dunha actividade.
Ex: Apartouse da vida política debido ó seu estrepitoso fracaso.
Palabras veciñas
apartadoiro | apartador -ra | apartamento | apartar | apartheid* | aparvado -da | aparvarIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aparto
apartas
aparta
apartamos
apartades
apartan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apartaba
apartabas
apartaba
apartabamos
apartabades
apartaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apartei
apartaches
apartou
apartamos
apartastes
apartaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apartara
apartaras
apartara
apartaramos
apartarades
apartaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apartarei
apartarás
apartará
apartaremos
apartaredes
apartarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apartaría
apartarías
apartaría
apartariamos
apartariades
apartarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aparte
apartes
aparte
apartemos
apartedes
aparten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apartase
apartases
apartase
apartasemos
apartasedes
apartasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apartar
apartares
apartar
apartarmos
apartardes
apartaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
aparta
-
-
apartade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apartar
apartares
apartar
apartarmos
apartardes
apartaren
apartada
apartados
apartadas